jueves, 7 de diciembre de 2017

RADIO SEGUNDO A

O pasado mércores 29 a clase de segundo A visitou a Radio Carcamán.
Aquí tendes o seu programa de radio:

 PROGRAMA RADIO CARCAMÁN

PROGRAMA RADIO CARCAMÁN

COMEZAN AS ELECCIÓNS

Recordades a cidade que fixemos o ano pasado os nenos e nenas que agora estamos en segundo? Esperemos que si, traballamos moito e creamos unha cidade moi chula...
Agora ben, toda cidade, que se precie (como a nosa) está representada por un alcalde ou alcaldesa. Nós non imos ser menos e, por iso estamos na busca dun ou dunha representante para os segundos. 
Como sabedes este ano convertémonos en piratas. Cando os piratas teñen que tomar unha decisión xúntanse e falan entre todos ata tomar unha decisión.
Nós na clase tamén nos xuntamos por equipos e dialogamos. A primeira decisión que tomamos foi a de elexir un representante de cada equipo que será o que compita co resto dos ou das representantes dos demais equipos.
Ademais disto cada un/unha de nós eleximos a concellería que queriamos representar.
A elección foi dificil. Estas eran as opcións.


Unha vez escollido isto pensamos no nome que lle queriamos poñer aos nosos partidos políticos e os logos que nos ían identificar.
Mirade os resultados!

Agora estamos traballando na publicidade: carteis, trípticos, anuncios... 
Ensinarémosvos o avance...

viernes, 17 de noviembre de 2017

MERENDA PIRATA

O martes pola tarde fixen unhas galletas piratas coa miña nai.
Seguimos estes pasos:
1º Fixemos a masa.
2º Amasamos o fondant.
3º Botamolle colorante ao fondant.
4º Cortamos o fondant cun cortador.
5º Cortamos o fondant pola metade.
6º Poñemos os adornos a o fondant.
7º Metemos as galletas  no forno.
8º Sacamos as galletas del orno
e9ºPor ultimo pegamos o fondan nas galletas.



Autora Aurea Garcia Otero.

jueves, 9 de noviembre de 2017

PASOS PARA A PLANTACIÓN DA LANDRA

Mateo, Silvia e Noa de 1ºA explicáronnos aos nenos e nenas de 2ºA como se planta unha landra. Os pasos son:
- 1º: Collemos un rollo de papel hixiénico.
- 2º: Botarlle terra pola metade.
- 3º: Poñemos a landra.
- 4º: Botamos terra ata arriba.
- 5º: Regamos un pouquiño.
- 6º: Deixala fóra, porque esta semente precisa frío.




Olaia, Paula, Cristian e Alberto foron as encargadas e encargados de ir á clase de 2º B.




Firmado:
- Carlos García Patón. 
- Lía Cacavelos Cores.

martes, 24 de octubre de 2017

APARELLO RESPIRATORIO



Este experimento o fixemos hoxe na clase para aprender como respiramos.
Os autores do video somos:
- María Fariña García.
- Alén Duro Cores.
- Nerea Diz Estrada.
- Rafael Dios Aguín


Aquí amosamos outro esperimento:


Os autores e autora somos:
- Cristian Cañon Fernandez.
- Iker Castro Besada.
- Lia Cacabelos Cores


O experimento do equipo 4:

Os autores e a autora somos:
- Eloy Garcia Parada.
- Carlos Garcia Patón.
- Áurea Garcia Otero.



O experimento do equipo 2 é:

As autoras e o autor deste video somos:
- Chloé Corrales Viñas
- Manuel Cores Torrado
- Mariña Cores Vázquez
- Lucía Chazo González

jueves, 19 de octubre de 2017

O XOGO DOS MÚSCULOS.

A profe nos fixo un xogo dos músculos cunha aplicación chamada Plickers. Deunos unhas tarxetas que nos servian para responder ás preguntas que aparecian na pizarra dixital  e nos contestábamos. 
A profe escaneaba as nosas respostas  co seu móbil. 

Mariña Cores Vázquez de 2ºA.
Rafa Dios Aguín de 2ºA.
Alén Duro Cores de 2ºA











martes, 17 de octubre de 2017

O COFRE DE PIRATAS

A semana pasada trouxen a nosa clase un cofre con un tesouro delicioso: traía moedas de chocolate e galletas decoradas de piratas. Tamén tiña pulseiras de caramelo.
UUUMMM !!! que rico estaba este tesouro !

Lía Cacabelos Cores    2ºA



domingo, 8 de octubre de 2017

PIRATAS

Nas aulas de 1º e 2º 
algo está a pasar,
serán os piratas
que nos están a abordar? 




domingo, 14 de mayo de 2017

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Dentro do proxecto "Ponlle as pilas ao teu bocata" está este obradoiro no que nos falaron da importancia das conservas na nosa dieta e o que nos aportan alimentos como o atún, as sardiñas e os mexillóns.
Despois dunha interesante charla puxémonos mans á obra e fixemos uns deliciosos bocatas.
Aquí tendes a proba.

A COMER!!

Quen di que ao cole só se vén a traballar?
No CEIP Torre Illa tamén aprendemos a cociñar e facemos unhas suculentas merendas. 
Ollade ollade...

BROCHETAS

TARTA DE MAZÁ
 

GOMINOLAS


IOGUR+CEREAIS+FROITAS


BO PROVEITO!!

domingo, 7 de mayo de 2017

O HORTO

Hai uns días veu Paula ao cole, levounos ao horto e plantamos acelgas, leitugas, fresas... Tamén botamos abono do composteiro e regamos. Agora temos que seguir coidando as nosas plantiñas e esperar a que medren.




miércoles, 3 de mayo de 2017

MERENDAS SAUDABLES


A semana pasada como fui a semana da froita no cole, fixemos unhas merendas un poco diferentes. Tamén viñeron unhas chicas a ensinarnos a facer uns bocatas saudables. Esperamos que poñades en práctica estas receitas e que vos gusten. A nos encantáronnos!

lunes, 1 de mayo de 2017

DÍA DO LIBRO

Xa para rematar esta conmemoración amosamos dúas fotos moi especiais. As nais de Mariña e Áurea viñeron esta semana a lernos uns contos que nos encantaron.
Queremos darlle as grazas a elas e a nai de Lucía por vir a nosa aula e participar connosco do día do libro.
Quedades todos convidados a pasaros pola nosa clase a lernos un conto especial para vós.



Moitas grazas mamis!

DÍA DO LIBRO

Outra das actividades realizadas para celebrar o día do libro son os apadriñamentos. O alumnado de 4º aprovechou a hora de lectura para lernos un conto a cada un de nós no patio. 
Aquí están as fotos:




lunes, 24 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

O venres veu ao cole o contacontos Servando Barreiro. Aquí tendes unha mostra do ben que nolo fixo pasar. 

domingo, 23 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de Abril celébrase o día do libro pero nós xa o estivemos celebrando durante toda a semana na escola.
Os nosos compañeiros Mariña e Óscar foron a ler uns contos aos nenos e nenas de 3 anos.


Os chicos Diego e Jorge viñeron a nosa aula para lernos o libro "A que sabe a lúa?"


E para rematar a semana, Lucía, nai da nosa compañeira Lucía leu un conto que nos encantou.



Mañá os amosaremos máis actividades levadas a cabo nesta semana.
Non vos esquezades de buscar os libros que deixou Libria pola Illa!!!





viernes, 7 de abril de 2017

DÍA DA SAÚDE

Con motivo da celebración do día da saúde, María e Ramón viñeron á escola a ensinarnos uns primeiros auxilios que nos serán moi útiles no noso día a día.
Mirade canto aprendemos.

sábado, 25 de marzo de 2017

PREPARANDO O NOSO HORTO


O venres veu Paula a mestra composteira cunha sorpresiña. Traíanos unhas miñoquiñas!! Xunto cos insectos pau e os gusanos de seda estamos facendo o noso pequeno zoolóxico na aula. 
As miñocas necesitan un hogar en condicións polo que aquí tendes como o fixemos:


Cando deixamos listas e acomodadas as miñocas achegámonos ao novo horto do cole. Somos os primeiros en plantar! Que sorte! 
E que plantamos? Pois primeiro transplantamos os allos que tiñamos nas macetas, mirade como creceron...
E, despois, plantamos unhas ceboliñas. Iremos informándovos tamén da sea evolución. 
E, finalmente, botamos toda a materia orgánica que acumulamos esta semana no composteiro. Ao composteiro encántalle a semana da froita! Nunca tantas mondas comeu...


¿QUIÉN ES QUIÉN?

Xa sabedes cales son as profesións que máis nos gustan a cada un de nós. Agora ven o turno de amosarvos as nosas aficións e os medios de transporte que escollimos para trabajar durante estas semanas.

OS ANIMAIS

Os alumnos e as alumnas de primeiro A fixeron unhas imaxes interactivas como repaso do mundo dos animais. Aparecen animais creados por eles mesmos mais un pequeno video onde nos recordan as características de cada grupo.











sábado, 18 de marzo de 2017

A MACETA DE MAELYS

Esta semana comezamos a traballar as plantas e Maelys, coa axuda dos seus pais, fixo este traballo tan bonito que puxemos na aula. Encantounos!


miércoles, 15 de marzo de 2017

AS PLANTAS


Mirade canto estamos aprendendo sobre as plantas! 
Os artífices deste video son Alén, Manuel, María, Rafa e Gabriela.



E Lucía, Óscar, Mariña e Irene os encargados deste cartel.



lunes, 13 de marzo de 2017

ADIVIÑA ADIVIÑANZA

Estés rapaces e rapazas de primero crearon unhas difíciles adiviñas. Quen é capaz de adiviñar o animal do que están a falar? 
Podedes comprobar se a resposta é a correcta no código QR. Sorte!!!!




miércoles, 8 de marzo de 2017

RADIO CARCAMÁN

Hoxe Maelys, Vera, Silvia, Eva, Hugo, Nagore, Pablo e Mariña pasaron pola radio para recitarnos unha poesía do Entroido titulada "Carnaval Salvaje".

PROGRAMA RADIO 1ºB 

lunes, 6 de marzo de 2017

RADIO CARCAMÁN

Hoxe foron Manu, Chloé, Nerea, Rafa, Alén e Iker os que puxeron voz na radio a eses pareados de Entroido tan orixinas que fixemos.
Eu creo que o fixeron moi ben, que opinades vós?


ENTROIDO

Dado que o tema da alimentación esta moi presente nas nosas aulas, este foi o tema escollido para o Entroido deste ano.
O alumnado de primeiro e segundo fomos de cociñeiros e cociñeiras. Aquí os deixamos unha mostra do guapísimos e guapísimas que estabamos. 




Hecho con Padlet

jueves, 16 de febrero de 2017

miércoles, 18 de enero de 2017

MACEDONIA

As nenas e menos de segundo convidámosvos a que probedes a facer unhas macedonias tan saborosas coma as que nos fixemos na clase.


COMPOSTAXE

O alumnado de segundo tamén recibiu a visita de Paula, mestra composteira do noso concello.
Coa sua axuda e os seus consellos conseguiremos entre todas e todos unha escola  máis sostible.


martes, 17 de enero de 2017

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CONSERVA

An nenas e nenos do CEIP Torre Illa visitamos o centro de interpretación da conserva que esta pretiño do noso cole.
Descrubimos moitas cousas sobre un dos principais motores económicos da nosa vila e coñecemos de primeira man como traballaban  as nosas e o nosos antepasados.

Powered by emaze