sábado, 25 de marzo de 2017

PREPARANDO O NOSO HORTO


O venres veu Paula a mestra composteira cunha sorpresiña. Traíanos unhas miñoquiñas!! Xunto cos insectos pau e os gusanos de seda estamos facendo o noso pequeno zoolóxico na aula. 
As miñocas necesitan un hogar en condicións polo que aquí tendes como o fixemos:


Cando deixamos listas e acomodadas as miñocas achegámonos ao novo horto do cole. Somos os primeiros en plantar! Que sorte! 
E que plantamos? Pois primeiro transplantamos os allos que tiñamos nas macetas, mirade como creceron...
E, despois, plantamos unhas ceboliñas. Iremos informándovos tamén da sea evolución. 
E, finalmente, botamos toda a materia orgánica que acumulamos esta semana no composteiro. Ao composteiro encántalle a semana da froita! Nunca tantas mondas comeu...


¿QUIÉN ES QUIÉN?

Xa sabedes cales son as profesións que máis nos gustan a cada un de nós. Agora ven o turno de amosarvos as nosas aficións e os medios de transporte que escollimos para trabajar durante estas semanas.

OS ANIMAIS

Os alumnos e as alumnas de primeiro A fixeron unhas imaxes interactivas como repaso do mundo dos animais. Aparecen animais creados por eles mesmos mais un pequeno video onde nos recordan as características de cada grupo.











sábado, 18 de marzo de 2017

A MACETA DE MAELYS

Esta semana comezamos a traballar as plantas e Maelys, coa axuda dos seus pais, fixo este traballo tan bonito que puxemos na aula. Encantounos!


miércoles, 15 de marzo de 2017

AS PLANTAS


Mirade canto estamos aprendendo sobre as plantas! 
Os artífices deste video son Alén, Manuel, María, Rafa e Gabriela.



E Lucía, Óscar, Mariña e Irene os encargados deste cartel.



lunes, 13 de marzo de 2017

ADIVIÑA ADIVIÑANZA

Estés rapaces e rapazas de primero crearon unhas difíciles adiviñas. Quen é capaz de adiviñar o animal do que están a falar? 
Podedes comprobar se a resposta é a correcta no código QR. Sorte!!!!




miércoles, 8 de marzo de 2017

RADIO CARCAMÁN

Hoxe Maelys, Vera, Silvia, Eva, Hugo, Nagore, Pablo e Mariña pasaron pola radio para recitarnos unha poesía do Entroido titulada "Carnaval Salvaje".

PROGRAMA RADIO 1ºB 

lunes, 6 de marzo de 2017

RADIO CARCAMÁN

Hoxe foron Manu, Chloé, Nerea, Rafa, Alén e Iker os que puxeron voz na radio a eses pareados de Entroido tan orixinas que fixemos.
Eu creo que o fixeron moi ben, que opinades vós?


ENTROIDO

Dado que o tema da alimentación esta moi presente nas nosas aulas, este foi o tema escollido para o Entroido deste ano.
O alumnado de primeiro e segundo fomos de cociñeiros e cociñeiras. Aquí os deixamos unha mostra do guapísimos e guapísimas que estabamos. 




Hecho con Padlet