viernes, 23 de noviembre de 2018

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe todas as alumnas e alumnos do cole xuntámonos para gritar que non queremos máis violencia. 
Para demostrar a cantidade de palabras fermosas que hai fixemos o abecedario da non violencia.
Entre as múltiples opcións que había, escollimos estas:


Recordamos ademais o número de teléfono para atención de persoas maltratadas.


Cantamos tamén para finalizar este emotivo acto, a canción de Melendi "Déjala que baile".


miércoles, 21 de noviembre de 2018

SAMAÍN EN 2º B

EN 2º  PASÁMOLO DE MEDO FESTEXANDO O SAMAÍN. GUSTOUNOS MOITO VIR MAQUILLADOS E ASUSTAR AOS COMPAÑEIROS/AS COAS NOSAS TREMENDAS CABAZAS.





ADEMAIS PUXÉMONOS AS BOTAS COMENDO UNHA MOREA DE POSTRES TERRORÍFICOS. ESTABAN BEN BÓS!














TRABALLAMOS CO SISTEMA SOLAR

Creamos o noso sistema planetario!!


(Irene, Manuel 2ºA)


Coñecemos as constelacións...


....e creamos as nosas.


(Silvia, Christian 2ºA)


martes, 13 de noviembre de 2018

CELEBRAMOS O SAMAIN EN 2ºA

Trouxemos á nosa aula merendas terroríficas!!!




Decoramos a porta e os corredores...





 




....e tamén as nosas caras!!



(Xoel, Cibrán, Adriana, Anxo)

jueves, 1 de noviembre de 2018

ESCRIBANO

E seguimos coas probas que nos poñen estes pequenos monstros. Non perdades a paciencia, estades moi preto de atrapar a un deles...


sábado, 27 de octubre de 2018

POSITION

Atendede ás peticións de Position. Esta vez púxonolo moi fácil.
Creo que estamos moi preto de dar captura a algún monstruiñooo.
Ánimoooo

domingo, 14 de octubre de 2018

MILLENIAL

Millenial estase facendo visible estes días pola Arousa. Aproveita a oportunidade e durante esta semana fai este exercicio co que conseguirás estar máis preto de capturalo!!


domingo, 30 de septiembre de 2018

AVATARES 3º

A misión que nos encomendou o Capitán Xeral da Brigada de Cazamonstros está rematada. Aquí están os nosos avatares!


 3ºA

3ºB

Seredes capaces de saber quen é cada quen?

domingo, 16 de septiembre de 2018

BENVIDAS E BENVIDOS A TERCEIRO!!

Xa estamos de volta! Temos por diante 9 meses que nos depararán marabillosos acontecementos, novas amizades, novos aprendizaxes, novas ilusións... e todo isto acompañado de moita, moita diversión.
Como sodes nenos e nenas, o que máis nos preocupa ás mestras é que o pasedes ben e disfrutedes todos e cada un dos días que vindes á escola, por iso este ano imos a gamificar, isto é, levar técnicas e dinámicas propias dos xogos a outros espacios, no noso caso, á aula. Para que nos vai servir isto a nós? Para motivalos, para activar a súa aprendizaxe e para que desfruten como o que son, nenas e nenos.
A primeira forma de enganchalos foi a carta que vos chegou ás vosas casas:

Xs están enganchadas/os e queren máis e máis. A seguinte mensaxe chegounos por correo electrónico á escola. Aquí volo amosamos:




Iremos informado os seguintes pasos, estade atentos porque os monstros aínda están soltos!

As titoras

jueves, 7 de junio de 2018

RADIO CARCAMÁN

Onte, mércores 6 de xuño alumnas e alumnos de 2º B visitaron a Radio Carcamán. Queredes escoitar o seu programa? Pois premede na imaxe.


domingo, 3 de junio de 2018

SEMANA 14


The Weather Report!

What is the weather like?, What is the temperature?

This week, we are checking the weather and the temperature in English. WOW

Go to Weather Report For Kids and follow these instructions:



Write your notes in your Weather Chart.


Enjoy!

jueves, 31 de mayo de 2018

ACTUACIÓN DE XIANA

Hoxe xoves 31 de maio, no salón de actos do cole, 2ºA e 2ºB asistimos como público a unha actuación moi especial. A nosa  compañeira Xiana ía dar un concerto soamente para nós. Interpretou varias pezas co seu violín e fíxoo moi ben. A verdade é que nos encantou!
Invitámosvos a que o vexades e sobre todo, que o escoitedes.



miércoles, 9 de mayo de 2018

RADIO CARCAMÁN

Onte, mércores 8 de maio tivemos unha charla no concello para informarnos sobre as escavacións arqueolóxicas que se levan a cabo no Areoso.
Despois, Patricia e Santiago, dous arquéologos que alí traballan viñeron ata o cole e nós non perdimos a oportunidade de facerlle unha entrevista.
Premede na imaxe para escoitala.


E hoxe, voltamos de novo á radio. Hoxe, sen embarho, falamos da exposición de María Victoria Moreno que fixemos no cole. Poderedes vela exposta no concello o Día das Letras Galegas.
Premede na imaxe e escoitar o programa de radio tan chulo que fixemos!


jueves, 8 de marzo de 2018

CARCAMÁN TV

Hoxe estamos de estrea no cole! Damos por inaugurada a canle de televisión Carcamán  TV.
Dende hoxe estaredes informadas e informados de todas as novas que haxa no cole.
As dúas primeiras entradas son, por suposto, para conmemorar o Día da Muller Traballadora.
Vai por todas vós!


lunes, 5 de marzo de 2018

ENTROIDO 2018


Este curso, xa que se está a traballar dende a biblioteca un proxecto sobre do cine, eliximos en 1º e 2º a película "Piratas del Caribe" para disfrazarnos, aínda que mais ben fumos de "Carcamáns da Arousa". Pasámolo moi ben no desfile e tamén desfrutamos comendo uns doces típicos do Entroido, que estában boísimos. Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades o guapas e guapos que estábamos. Ao abordaxeeeeee!!!







RETO SEMANAL 1

domingo, 25 de febrero de 2018

ENTREVISTA AS CAVEIRAS PIRATAS

O pasado mércores algunhas alumnas e alumnos de 2º A acudiron á radio. Nesta ocasión fixeron unha entrevista moi especial ao equipo gañador, As caveiras Piratas. 
Se premedes na imaxe podedes escoitar dito programa.


martes, 20 de febrero de 2018

RADIO SEGUNDO B

O luns 19, Os Tres Piratas fixemos unha entrevista ao equipo Barbanegra, que foi o gañador das votacións do pasado xoves. Queredes escoitala? Pois premede aquí.



Luis, Eva, Lucas Otero, Maelys, Brais, Mauro y Claudia Ríos.

VOTAMOS ANTES DOS 18

Un dos privilexios de ser maior de idade é poder votar ás persoas que nos gobernan. Nós, adiantámonos uns aniños e fixémolo o pasado xoves día 15.






lunes, 19 de febrero de 2018

O ESCRUTINIO

Chegou o remate final deste proxecto, o último día, o tan esperado ESCRUTINIO.
Xuntámonos todas e todos nunha clase, libreta en man listas e listos para tomar nota de todos os votos.
3,2,1... COMEZAMOS!


Que ben o fixeron as nosas presidentas Irene e Claudia.
Aquí tendes o resultado final. Os equipos gañadores son As Caveiras Piratas en 2º A e, O Barco Barbanegra en 2º B.
Noraboa!!

E como ben din no vídeo, noraboa a todas e todos por ter traballado tanto e tan ben!!

sábado, 17 de febrero de 2018

DÍA DAS ELECCIÓNS

Xoves 15 de Febreiro do 2018, son as 09:15 da mañá, soa o timbre de entrada, subimos o primeiro piso, subimos ao segundo e... TACHÁAAAAAAN! Menuda sorpresa! Todo está preparado para que votemos.




Xa estamos todas e todos: presidenta, vogais e interventoras e interventores. Xa podemos constituir a mesa electoral e facer a correspondente acta.




As e os compañeiras/os de 2º B constitúen a súa mesa e espérannos nerviosas/os. O que non saben é que nós o estamos máis. 

Comezamos!