jueves, 31 de mayo de 2018

ACTUACIÓN DE XIANA

Hoxe xoves 31 de maio, no salón de actos do cole, 2ºA e 2ºB asistimos como público a unha actuación moi especial. A nosa  compañeira Xiana ía dar un concerto soamente para nós. Interpretou varias pezas co seu violín e fíxoo moi ben. A verdade é que nos encantou!
Invitámosvos a que o vexades e sobre todo, que o escoitedes.



miércoles, 9 de mayo de 2018

RADIO CARCAMÁN

Onte, mércores 8 de maio tivemos unha charla no concello para informarnos sobre as escavacións arqueolóxicas que se levan a cabo no Areoso.
Despois, Patricia e Santiago, dous arquéologos que alí traballan viñeron ata o cole e nós non perdimos a oportunidade de facerlle unha entrevista.
Premede na imaxe para escoitala.


E hoxe, voltamos de novo á radio. Hoxe, sen embarho, falamos da exposición de María Victoria Moreno que fixemos no cole. Poderedes vela exposta no concello o Día das Letras Galegas.
Premede na imaxe e escoitar o programa de radio tan chulo que fixemos!