domingo, 24 de febrero de 2019

Redondeator

Con estes vídeos as rapazas e rapaces de terceiro A conseguiron dar captura ao monstro Redondeator. Toleounos un pouquiño, pero finalmente, caeu nas nosas mans. 
Mirade as probas:


 






martes, 19 de febrero de 2019

MARISCANDO

Hoxe as nenas e nenos de 2º aprendimos como é o traballo das mariscadoras.
                                                             
Informáronnos sobre as ferramentas que utilizan, e ata nos deixaron probalas!!

Aprendemos a diferenciar os distintos tipos de ameixa (fina, babosa e japónica, ademais do berberecho).

Pero o mellor foi que ademais de coñecer como é o oficio das mariscadoras, tomamos conciencia do importante que é loitar contra o furtivismo.

Ata a TVG veu cubrir a noticia!!
Se queredes podedes vernos no "Galicia noticias" premendo no seguinte enlace (a partir do minuto 24).

viernes, 15 de febrero de 2019

CARTA NA BIBLIOTECA

HOXE COMEZAMOS O SERVIZO DE PRÉSTAMOS NA BIBLIOTECA DO COLE, A MELLOR MANEIRA DE COLLERLLE GUSTO Á LECTURA E DE MELLORALA ADEMAIS DE APRENDER A COIDAR E RESPECTAR OS LIBROS.
A SORPRESA FOI QUE ALÍ ATOPAMOS UNHA CARTA DE WALLY PARA NÓS.


DEIXOUNOS ADEMAIS UNS ANIMALIÑOS INVERTEBRADOS PARA AXUDARNOS A DECORAR O NOSO LADBOOK QUE PRONTO VOS ENSINAREMOS.



O MAIS GUAI É QUE PARA COÑECER AS SÚAS AMIGAS PROPÚXONOS IR DE EXCURSIÓN!!!!

O MARTES POÑEREMOS AS BOTAS DE AGUA E MARCHAMOS CARA A PRAIA. QUEREDES VIR?









jueves, 14 de febrero de 2019

WALLY ESTÁ TRISTE

HOXE NON ESPERABAMOS CARTA DE WALLY, PERO ÉL, QUE SE ENTERA DE TODO, ESCRIBIUNOS. 

ALGUÉN LLE FIXO CHEGAR, QUE NA NOSA CLASE, ROMPEMOS O LIBRO QUE NOS ENVIOU.


COMO PODEDES IMAXINAR, ESTABA MOI TRISTE PORQUE ADORA OS LIBROS. MENOS MAL QUE A NOSA PROFE PEDIULLE QUE NOS DERA UNHA NOVA OPORTUNIDADE E DEIXOUNOS OUTRO QUE ESTA VEZ PROMETEMOS COIDAR.


ESTIVEMOS MOI ATENTOS Á CARTA E ESPERAMOS NON DARLLE MAIS DISGUSTOS.

 POBRE WALLY!



POR CERTO, NA CARTA PREGUNTOUNOS POR WENDA E POLO NOME DO MAGO QUE O ACOMPAÑA NOS SEUS VIAXES.
SABÉDELO VÓS?


domingo, 10 de febrero de 2019

NOVA CARTA PARA WALLY

Esta semana ocorréusenos que sería moi guai disfrazarnos de Wally no Entroido. Non sabíamos se a él lle parecería ben, por iso decidimos escribirlle outra carta para preguntarlle.
Días mais tarde, Wally respondeunos e esta foi a nosa reacción ao ver que tiñamos correo...







Na carta contounos que estaba encantado co disfraz e que se queríamos coñecer os  complementos tiñamos que participar nos seus desafíos.




Wally regalounos ademais un mapa mundi para que poidamos seguir as suas viaxes dende a nosa aula.




 O reto desta semana era averiguar como se chama o can de Wally e quen foi o seu creador.

Podedes axudarnos?







lunes, 4 de febrero de 2019

O QUE LIBRIA NON CONSIGA...

POIS SÍ, ESCOITASTES BEN. LIBRIA CONSEGUIU CONTACTAR CON WALLY E FÍXOLLE CHEGAR A NOSA CARTA.
HOXE VOLVEU VISITAR AS AULAS DE 2º E TRÓUXONOS A RESPOSTA DE WALLY ADEMAIS DE UNHA MOREA DE AGASALLOS.



TOLEAMOS CANDO VIMOS QUE NOS RESPONDERA...


LEMOS A SÚA CARTA MOI ATENTOS...



DECIDIMOS PARTICIPAR NOS RETOS DE WALLY.

O PRIMEIRO É ATOPALO NOS LIBROS QUE NOS DEIXOU.

SEREMOS CAPACES? 
SEGURO QUE COS DOCES QUE NOS MANDOU TEREMOS ENERXÍA DE SOBRA PARA INTENTALO. 

 VOS QUE CREDES?









domingo, 3 de febrero de 2019

Apareceu o dono do gorro e as gafas

Esta semana tivemos nova sorpresa. Á nosa aula chegou unha carta.


Descubrimos a quen pertencían os obxectos que nos tiñan tolos esta tempada.



Decidimos axudalo devolvéndolle as súas pertenzas e mandándolle unha carta.


O problema foi que non tiñamos a dirección postal de Wally. Os nenos de 6º déronnos unha pista: "Se alguén coñece a Wally, esa é Libria, a mascota da nosa biblioteca". 

E alá fomos...





Agora a esperar que Libria lle faga chegar a Wally a nosa carta. Seguiremos informando.