viernes, 28 de febrero de 2020

O ENTROIDO

Se premedes na seguinte imaxe e buscades o programa que se chama  O Entroido  escoitaredes o noso programa de radio .

h


viernes, 14 de febrero de 2020

Ola chicos e chicas, nós somos Eloy, Áurea, Manuela, Iker, Irene, e Rafa e na nosa clase estamos aprendendo a describir paisaxes. Aquí temos unha foto dunha paisaxe da praia do Faro e imos describila.



Esta paisaxe é de costa baixa, sitúase na Illa de Arousa na praia do Faro.
É unha paisaxe fermosa, e a súa praia é natural con algúns elementos artificiais. Ao fondo vese un  faro de cor branco, co teito de cor laranxa. O Faro tamén é un restaurante. Ao lado do Faro hai un almacén gris. Para subir e baixar ao Faro hai un camiño de pedra con herba verde. Máis adiante hai auga cristalina e vense pedras que saen á superficie. A area é de un amarelo moi claro. 
En primeiro plano hai unha barca marrón recién pintada. Á dereita pon o nome da barca que se chama Sandrita,  que bonito nome lle puxeron. A barca esta enriba da herba verde escura e alta con algunhas flores. Dentro da barca hai uns asentos marróns  e uns remos tamén marróns.
O que máis destaca desta foto e a auga cristalina e o Faro porque son moi fermosos.
A nosa sensación é de alegría porque é un sitio moi natural , escóitanse paxaros, a brisa; é moi relaxante.
A nosa opinión e que esta paisaxe é moi fermosa.

Esperamos que vos gustara a nosa descrición.


miércoles, 5 de febrero de 2020

O DÍA DA PAZ

Os nenos e nenas de 4ºA  este ano quixemos facer algo orixinal, entón ocurríusenos facer unha pomba da paz con papel. Aprendemos a facelas na nosa casa vendo videos en Youtube para logo grabar o video.
Aqui tendes o resultado:




Esto foi o que fixeron os nenos e nenas de 4ºA  do equipo 3 esta semana.
Os integrantes de este equipo son: Nerea, Alén, María, Yanira, Pablo e Lía.