O vindeiro xoves 4 de xuño as familias de 4º deberán pasar a recoller/entregar o material do alumnado.
Abaixo aparecen algunhas indicacións que debedes seguir.
Os horarios son os seguintes:
CLASE DE 4º B
MATERIAL A ENTREGAR
- Debedes traer os libros que levaron para casa e que pertencen á biblioteca. É importante que non falte ningún.
- A mochila viaxeira debe regresar tamén á escola.
- Se alguén ten o libro de inglés na súa casa debe traelo ao cole xa que é necesario para poder facer o novo fondo de libros.
MEDIDAS A SEGUIR
- Só poderá acudir ao centro 1 persoa (sempre con mascarilla).
- Sería
bo traer unha bolsa con capacidade para levar o material.
- Entrarase
e sairase pola porta do patio.
- Dirixirémonos
directamente á aula do nos@ fill@ (cando nolo indiquen) sen poder acceder ao
resto do colexio.
- Recolleremos
o material da mesa do nos@ fill@. Non podemos aproveitar ese tempo para facer
titorías. Trátase de reducir ao máximo o tempo de contacto con outras persoas e
de realizar a entrega de material coa maior celeridade posible.
- As
persoas que non poidan vir na hora sinalada e queiran que outro pai/nai da nosa
clase leve o seu material ou cambiar de hora con alguén o xestionaredes entre vós. NON SE CAMBIARÁ NIN DARÁ OUTRA HORA.
- Prégase
máxima puntualidade, como vedes as visitas son cada 5 minutos.
Reunirémonos todos e todas xuntas en canto nos sexa posible para facer unha boa despedida.
Moitas grazas pola vosa colaboración
Juliana e Fátima.