Boas tardes!
O traballo deste fin de semana consiste en buscar información sobre a castaña.
Aquí tendes un póster con preguntas ás que lle podedes dar resposta.
Unha vez que investiguedes sobre ela faredes un traballo a escoller entre os dous seguintes:
- Facer un vídeo contando todo o que aprendestes da castaña.
- Facer un póster dando resposta ás preguntas, con debuxos, letra, ámbalas dúas...
Os traballos os subiredes á aula virtual premendo na seguinte imaxe.
Se escolledes a opción vídeo, subiredes o vídeo.
Se escolledes a opción póster, lle sacaredes unha foto e a subiredes.
Tendes de prazo para mandar estes traballos ata o luns 16.