jueves, 13 de noviembre de 2025

SUMA E SIGUE

Para seguir conseguindo máis e máis cromos, hai que seguir traballando... É o momento de gañas algún máis.



MATEMÁTICAS

* Cantos anos reinou Ramses II?

* Cantos fillos e fillas tivo?






LINGUAS

* Que inventou Imhotep  que aínda hoxe nos sorprende?






NATURAIS

* Como se chama o libro ou texto máis famosos de Amenemope?

 

 

 

 

 

SOCIAIS

Por que cres que os antigos exipcios borraban nomes das paredes?






TECNOLOXÍAS

Como conservaban os antigos exipcios o pescado que capturaban no río Nilo?

lunes, 27 de octubre de 2025

ANUBIS

O xa coñecido Anubis, deus das almas, acaba de facer aparición na nosa clase. Ao igual que Thot, vén cargado de preguntas sen resposta polo que precisa da nosa axuda.

É certo que a recompensa de Thor mereceu a pena o traballo que nos supuxo. Esperemos que Anubis manteña o nivel...

Aquí temos as novas preguntas:

* Como se chama o libro exipcio onde aparece Anubis pesando o corazón dos mortos?

* Por que momificaban os mortos?

Que ingrediente utilizaban para deshidratar e conservar os corpos?

 

Poñédevos mans á obra!!


lunes, 13 de octubre de 2025

THOT

Hoxe recibimos a visita dun novo deus! Neste caso coñecemos a Thot, deus da escritura, da sabedoría e da maxia! 

 

Nesta ocasión as preguntas que nos fai son:

- Todos os anos o río Nilo desborda e inunda os campos. Que se formaba cando isto pasaba e para que servía?


- Que instrumentos ou obxectos estaban asociados a Thot?

martes, 30 de septiembre de 2025

NOVOS RETOS Á VISTA!!

Hoxe ao chegar á clase vimos que había 5 novos cromos polos que loitar! Como sabedes, para conseguilos hai que dar resposta á pregunta que nos fai cada personaxe e superar un novo reto. Cada reto estará relacionado cunha asignatura da clase. Aquí deixamos as preguntas para que podamos ir investigando na casa.


 MATEMÁTICAS

En que famoso val mandou construír a súa tumba?

 

 

 

 LINGUAS

Como se chama a famosa pintura que está na tumba de Neferemaat?

 

 

 

 NATURAIS

Con que escribían os escribas exipcios como Ani?

 

 

 

 

SOCIAIS

 Que fixo que a súa tumba fose tan especial cando a descubriron?

 

 

TECNOLOXÍAS

Que é o "shaduf" e para que o utilizaban?
 

 

 

 

 

 

Ide investigando as respostas a estas preguntas, escribíndoas nas follas do arquivador e pronto accederedes ao reto e ao cromo!!

 


VÉMONOS POLAS PIRÁMIDES!!!! 

 

 

viernes, 19 de septiembre de 2025

CLEOPATRA LÁNZANOS AS PRIMEIRAS PREGUNTAS!!!



 
Nesta ocasión, Cleopatra ademais de facernos entrega dos nosos arquivadores e cromos, fíxonos as seguintes preguntas:
 
1º- Onde estaba o Antigo Exipto?
 
2º- En que continente se atopa Exipto?

Se contestamos correctamente as dúas preguntas, daranos o noso primeiro cromo!! 
 
A viaxe xa comezou! e como di Cleopatra... vámonos nas pirámides!!!