lunes, 30 de noviembre de 2020

CALENDARIO DE ADVIENTO

Bos días nenas e nenas!

Hoxe é xa 1 de decembro... que rápido pasaron estes meses no cole.

Para que a espera á chegada de Papa Noel se vos faga un pouco máis entretida, deixamos aquí abaixo un calendario de advento. Cada día, debedes pasarvos por aquí e disfrutar do video que toca. 

Esperamos que vos guste.


domingo, 29 de noviembre de 2020

O QUE SABEMOS DA CASTAÑA

Bo día!

Despois de investigar na casa sobre a castaña, fixemos una traballos sobre ela na clase. Aquí os amosamos o resultado final.

Esperamos que vos guste.



jueves, 12 de noviembre de 2020

FROITOS DO OUTONO 1ºB

 Bo día!

A seguinte tarefa que tendes que facer consiste en investigar sobre o producto do outono que hoxe leváchedes para a casa e que tendes que colorear.

Aquí tendes diferentes preguntas que podedes utilizar para investigar sobre o froito que vos tocou.


Unha vez que rematedes a vosa invetigación, faredes un traballo a escoller entre os dous seguintes:

- Facer un vídeo contando todo o que aprendestes sobre o voso froito.

- Facer un póster dando resposta ás preguntas, con debuxos, letra, ámbalas dúas...

Os traballos os subiredes á aula virtual premendo na seguinte imaxe.

Se escolledes a opción vídeo, subiredes o vídeo.

Se escolledes a opción póster, lles sacaredes unha foto e a subiredes.

A CASTAÑA 1ºA

Boas tardes!

O traballo deste fin de semana consiste en buscar información sobre a castaña.

Aquí tendes un póster con preguntas ás que lle podedes dar resposta. 

Unha vez que investiguedes sobre ela faredes un traballo a escoller entre os dous seguintes:

- Facer un vídeo contando todo o que aprendestes da castaña.

- Facer un póster dando resposta ás preguntas, con debuxos, letra, ámbalas dúas...



Os traballos os subiredes á aula virtual premendo na seguinte imaxe.

Se escolledes a opción vídeo, subiredes o vídeo.

Se escolledes a opción póster, lle sacaredes unha foto e a subiredes.


Tendes de prazo para mandar estes traballos ata o luns 16. 



lunes, 2 de noviembre de 2020

SAMAÍN


Este venres celebramos o Samaín no cole, levamos uns disfraces que daban moooooito medo e tamén puidemos desfrutar dunhas merendas terroríficas. 

Ollade, ollade, e non pasedes moito medo!