viernes, 20 de diciembre de 2019

BO NADAL

As alumnas e alumnos de cuarto queremos desexarvos con este vídeo unhas felices festas e un próspero ano novo!!! 

BO NADAL!!!


lunes, 16 de diciembre de 2019

TRIÁNGULOS EQUILÁTEROS

Bos días, somos Silvia, Lucas, Nagore e Maelys de 4ºB e fixemos un vídeo explicando como facer triàngulos equiláteros.
Se  queredes aprender a facelos, premede nel para velo.





Esperamos que vos guste.


martes, 3 de diciembre de 2019

CONMEMORACIÓNS

O grupo formado por Lucía, Manuel, Lía, Cristian, Manuela e Iker contaron na radio a forma en que celebramos no cole o Día dos dereitos dos nenos e o Día contra a violencia de xénero.
Premeda na imaxe para acceder ao blog da radio e buscade o programa que se chama "Conmemoracións".


viernes, 29 de noviembre de 2019

COMO TRABALLAR UN CONTO

Ola somos o grupo 3 ,chamamosnos  Yanira, Carlos, Aurea,  Oscar, Mara e Eloy.
Imos ensinarvos a idea que tubo a nosa mestra Fátima para utilizar cando lemos un conto.
Aquí vos deixamos:




Vos gustan?A nós si .No primeiro cartel hai que poñer o título. O título e “A min non me comas”. Xa vos lestes este libro? Volo recomendamos!.O segundo paso é poñer o protagonista e o obxectivo que ten.O protagonista é Mateo e o obxectivo e derrotar ao monstro. O seguinte paso é poñer a presentación da situación. No noso conto é Mateo que tiña medo de durmir so. Cal é a presentación do conflito? Tendes que poñer o opoñente e que fai. O noso é o monstro que se come a todos!
Xa que temos a presentación do conflito poñemos como o soluciona o axudante e como o axudou.
O axudante foi a nai de Mateo. Axúdao durmindo con el e falando.
Veña que xa imos polo último paso: a situación de calma final. A nosa é que o monstro devolveulle a súa familia e Mateo gardou os abrigos no armario.
Se non gardades os abrigos no armario apareceravos o montrooo!.

Esta foi a idea da mestra. Esperemos que o fagades vós tamén.
Ata logo!

Áurea, Mara ,Yanira, Óscar, Carlos e Eloy.

martes, 26 de noviembre de 2019

O GRAN PRIX FINANCIEIRO

No día do magosto fixemos unha actividade que se chamaba Gran Prix Financieiro.
Tres persoas viñeron a facer dúas actividades que nos ensinaron o que gastan os nosos pais e nais en gastos necesarios durante todo o mes.

Un dos xogos foi "A OCA FINANCIEIRA" 
Neste xogo tivemos que facer parellas.
O que precisamos para xogar foi un taboleiro, unha ficha que será unha persoa, un dado e unha bolsa de cartos.

Instrucións:
* Unha persoa tira o dado e a súa parella avanza o número que lle saíu.
* Hai casillas nas que se gaña cartos e hai casillas nas que se perden cartos.
O obxectivo do xogo e chegar a fin de mes con cartos.



O seguinte xogo consiste na "MULTIPLICACIÓN XAPONESA".

Tiñamos un número co que facer a multiplicación. Dependendo do teu número terás que facer as liñas necesarias. Despois de facelas haberá cruces e terás que rodealas.


Gabriela, Irene, Cayetana, Pablo e Erik.









sábado, 23 de noviembre de 2019

BIBLIOTECA DO TORRE ILLA

O venres, Chloé, Rafa, Alén, Nerea e María acudiron á radio para explicar o funcionamento da biblio do noso cole.
Premede na imaxe e buscade o programa que se chama "A biblioteca".

Desexamos que vos guste!

martes, 19 de noviembre de 2019

A MEDIACION

Dende o ano pasado no cole creouse o equipo de mediación. Axudan a resolver os problemas cos e coas compañeiros/as.
Lévase acabo durante a hora do recreo e o fan os alumnos e alumnas de 6ºA e 6ºB.
Recoñecémolos porque  levan un chaleco amarelo e un colgante.
A mediacion levase acabo na radio carcaman ou no pabellon de 5º.





Se tes un problema cun compañeiro/a e o queres solucionar non dudes ir a mediación para resolvelo.

Equipo 1 .Lucia, Lía, Manuela, Iker, Cristian e Manuel.

sábado, 16 de noviembre de 2019

O MAGOSTO

Óscar, Mara, Yanira, Carlos, Eloy e Áurea investigaron sobre o Magosto. Fixeron un moi bó traballo e foron á radio para contarllo ao resto doas e dos compañeiras/os.
Premede na imaxe e buscade o programa!




Esperamos que vos guste.

viernes, 8 de noviembre de 2019

O CEMITERIO DE MADFRET

Hoxe, un grupo de alumnas e alumnos de 4º A foron á radio a contar un conto inventado por eles sobre o Samaín.

O conto chámase "O cemiterio de Madfret"
Premede na imaxe e buscade o audio que leva ese nome.

Espero que vos guste, está con moita ilusión.


jueves, 7 de noviembre de 2019

O COLEXIO TERRORIFICO

Hoxe imos falar das portas e corredores do colexio.
Están decorados polos alumnos/as e mestres/as de cada aula con monstros ,pantasmas...
Aquí tendes as fotos dalgunhas aulas de primaria. 


E os corredores tamén están moi ben decorados e terroríficos.


Esperamos que vos haxa aterrorizado moitisimo, adeus!

Equipo 2 Mariña, Nerea, Chloé Rafa e Alén

lunes, 4 de noviembre de 2019

EXPERTOS EN ARTE RUPESTRE

A semana pasada, Emma entrevistou a Vera, Gael e Pablo, compañeira e compañeiros de 4ºB, que estiveron investigando sobre a arte rupestre da Cova de Tito Bustillo. Queredes escoitar as cousas que descubriron? Pois, premede na imaxe e, escoitade, escoitade!



miércoles, 30 de octubre de 2019

A ENTREVISTA DE ALYSSA

Ola somos Lucia, Lía, Iker, Cristian, Manuela e Manuel da clase de 4ºA.
O luns fumos a radio carcaman a entrevistar a Alyssa. 
Premede na imaxe para escoitar a entrevista.

                         

sábado, 26 de octubre de 2019

SCRATCH

Bo día:
As vosas fillas e os vosos fillos xa levan unhas semanas utilizando linguaxe de programación. Xa case o teñen todo controlado!
Para continuar avanzando na súa aprendizaxe, nas próximas semanas comezaremos a programar con Scratch.
Para iso, as mestras precisamos da vosa axuda:
1º. Premede na seguinte imaxe para acceder á páxina de Scratch.

2º. Escollemos a opción "Únete a Scratch"
3º. Completade da seguinte maneira:
4º. Unha vez cuberto dades a seguinte e continuades cubrindo o que vos pide.

Precisamos que o fagades vós xa que tendes que poñer o voso e-mail como pais/nais.

Moitas grazas!

Iremos ensinando os nosos progresos.


viernes, 25 de octubre de 2019

OS ÁNGULOS PERDIDOS POLO COLE

Ola familias! Comezamos un novo curso escolar.
Os da clase de  4ºA comezamos o curso coa temática dos ángulos. Cada  grupo da clase fixo uns carteis con todos os tipos de ángulos: obtuso, completo, llano, recto e agudo. 
Aquí vos deixamos os carteis:

O grupo 1 (Lía, Manuel, Iker, Manuela, Lucia e Cristian) fixo abanicos.

O grupo 2 (Chloe, Alen, Rafa, Nerea, Mariña, e María) fixo comecocos.

O noso grupo (Áurea,Yanira, Óscar, Carlos e Eloy) fixo mandalas.

O grupo 4  (Cayetana, Irene, Gabriela, Pablo e  Erik) fixo os bonecos.


Esperamos que aprenderades moito.Ata logo compis.

miércoles, 19 de junio de 2019

SAÍDA Á PRAIA

Mañá xoves, os nenos e nenas de 2º faremos unha saída á praia para merendar xuntos e coñecer unha chea de curiosidades sobre as DORNAS.
Colgaremos fotos para que vexades o ben que o imos pasar...

jueves, 6 de junio de 2019

PLANTANDO CARA Á ALERTA LARANXA

En 2º quedamos sen excursión pero non hai temporal que nos asuste e decidimos facer unha pequena festa durante a mañá de hoxe.
Aquí vos deixamos o ben que o pasamos...




miércoles, 5 de junio de 2019

IMPORTANTE- SAÍDA 1º E 2 CANCELADA

A CONSELLERÍA ANUNCIOU A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE PARA O XOVES, DÍA 6 DE XUÑO POR ALERTA LARANXA.
A SAÍDA PROGRAMADA PARA IR A O GROVE "CAMPING FIEITÁS" QUEDA SUSPENDIDA. 
GRAZAS A TODOS/AS.

sábado, 25 de mayo de 2019

REVISTA CARCAMÁN

Como todos os anos xa temos aquí a Revista Carcamán! A novidade é que esta vez a revista a fixemos en formato dixital, por iso de coidar o medio ambiente.
Ademais así podedes vela a todo cor que queda moito máis vistosa.
Preme na foto para acceder a mesma.
Esperamos que vos guste!

E por último dar a noraboa a nosa compañeira Mariña Pouso de 
3º B por facer a portada gañadora. 
Felicidades Mariña!!

viernes, 24 de mayo de 2019

WALLYRETO11- SEMANA DO 24 AO 31 DE MAIO

VEÑA RAPACES E RAPAZAS. ESTE É O DERRADEIRO RETO POR ESTE CURSO.
O DESTA SEMANA É PARA QUE LLE DEADES AO COCO MÁIS DO HABITUAL.
ÁNIMO!!!

jueves, 23 de mayo de 2019

DESPOIS DE TODO O PROCESO ELECTORAL, AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS PEQUENAS TOMAS FALSAS PARA REMATAR CUN SORRISO.



sábado, 18 de mayo de 2019

DÍA DE ELECCIÓNS

POIS SÍ, CHEGOU O DÍA E EN 2º, XA TEMOS DELEGADOS. QUEREDES VER COMO FIXEMOS AS VOTACIÓNS?
MIRADE, MIRADE...











viernes, 17 de mayo de 2019

WALLYRETO 10- SEMANA DO 17 AO 24 DE MAIO

E COMO QUEN NO QUERE A COUSA, CHEGAMOS AO DESAFÍO 10.
AQUÍ VOS VAI.XA QUEDA MENOS!!

SORTE AMIGOS
BICOS E APERTAS
WALLY 



lunes, 13 de mayo de 2019

LAPBOOK

NAS SEMANAS PASADAS INVESTIGAMOS E APRENDEMOS MOITÍSIMO SOBRE OS ANIMAIS. DECIDIMOS RECOLLER TODA A INFORMACIÓN NO LAPBOOK QUE MARIÑA VOS EXPLICA NO SEGUINTE VÍDEO.

GÚSTAVOS?

CAMPAÑA ELECTORAL 2º

POIS SÍ. COMO XA SABEDES, NO NOSO COLE TAMÉN ANDAMOS EN PLENA CAMPAÑA E A VOLTAS COS CARTEIS ELECTORAIS. ESTA SEMANA FIXEMOS A PRESENTACIÓN DAS NOSAS CANDIDATURAS.

ESTADE MOI ATENTOS E ATENTAS A TODAS AS NOSAS IDEAS!!









viernes, 3 de mayo de 2019

viernes, 26 de abril de 2019

WALLYRETO 7- SEMANA DO 26 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

Hola amigos e amigas:

Vin fotos dos vosos carteis electorais e estou moi sorprendido. Sodes uns "craks". Están todos chulísimos e estou seguro de que as ideas que propuxestes mellorarán moito o voso cole.
Sei tamén que moitos outros nenos do colexio queren participar nas votacións ao ver os vosos carteis.
A semana que ven o Torre- Illa, encherase de votos. Mentras chega o momento déixovos o seguinte Wallyreto. 
Moito ánimo rapaces!!

Bicos e apertas
Wally




martes, 16 de abril de 2019

DAMOS O TEMPO

Durante o segundo trimestre traballamos o clima, os fenómenos atmosféricos e os mapas do tempo. Este é o resultado:


















domingo, 14 de abril de 2019

OS INVERTEBRADOS

Desta maneira tan divertida traballamos os animais invertebrados. En grupos investigamos sobre o grupo de animais que nos tocou e unha vez que sabíamos as súas características o plasmamos con debuxos. 
Cando rematamos os debuxos fixemos unha exposición ante os nosos e nosas compañeiros/as. 
Quedáronnos uns traballos moi chulos, que opinades vós?

AS MEDUSAS

AS ESTRELAS DE MAR 

OS CRUSTÁCEOS

OS INSECTOS

AS ESPONXAS 


OS ARÁCNIDOS

OS MIRIÁPODOS

OS OURIZOS DE MAR

viernes, 12 de abril de 2019

WALLYRETO 6- SEMANAS DO 12 AO 26 DE ABRIL

QUERIDOS AMIGOS: ESTAMOS EN PERÍODO DE ELECCIÓNS. NÓS AINDA SOMOS MOI PEQUENOS PARA ENTENDER TODO O QUE ISO CONLEVA PERO SEI QUE NA CLASE FALASTES DA IMPORTANCIA DE VOTAR E DE  PODER FACELO LIBREMENTE. 

POÑÉMONOS MANS Á OBRA, POIS NAS AULAS DE 2º, IMOS FACER UNHA PEQUENA CAMPAÑA ELECTORAL PARA ELEXIR OS DELEGADOS/AS  DAS NOSAS CLASES.

PARA ISO PRECISAMOS QUE CADA UN DE VÓS PREPARE O SEU CARTEL PROPAGANDÍSTICO. O RETO DESTA SEMANA PRECISA DE MOITA IMAXINACIÓN.

AQUÍ ABAIXO, DÉIXOVOS ALGÚNS EXEMPLOS PARA DARVOS IDEAS.

BICOS E APERTAS

WALLY
































jueves, 11 de abril de 2019

A GRATITUDE

Ola somos Mariña, Irene, Rafa e Alén de terceiro A. Na asignatura de valores traballamos a gratitude. Con todo o que aprendimos fixemos este vídeo.


viernes, 5 de abril de 2019

WALLYRETO 5- SEMANA DO 5 AO 12 DE ABRIL

AMIGOS E AMIGAS, XA FALTA POUCO PARA AS VACACIÓNS E VÓS NON DEIXADES DE DARLLE Á CABEZA COS MEUS DESAFÍOS. 
CREO QUE OS SOBRES DOS WALLYEUROS ESTÁN ENCHÉNDOSE MOITÍSIMO...
SEGUIDE ASÍ!
BICOS E APERTAS

         WALLY

viernes, 22 de marzo de 2019

WALLYRETO 3- SEMANA DO 22 AO 29 DE MARZO

Ola amigos e amigas!

Aquí me tedes unha semana mais co terceiro reto para vós.
Sei que estades moi contentos cos desafíos e que os estades resovendo sen problema. 
Sei tamén que estivestes investigando sobre unha artista mexicana moi importante. Precisamente en México é donde me atopo agora.
Algúns xa tedes bastantes cartos para gastar na "Wallytenda" pero se queredes conseguir mais, lembrade traer á clase cousas sobre o país de Frida Kahlo para tamen sumar sellos no voso pasaporte.


As pequepistas de hoxe son:

  • Cal é a capital de México?
  • Entre que dous océanos está situado este país?
  • Como se chama a música típica de México?


          Ánimo rapaces/as. Bicos e apertas.
                               Wally