viernes, 25 de noviembre de 2016

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Igual que todos os 25 de Novembro celebramos na escola este día tan importante. Na clase estivemos lendo e traballando o conto "Arturo e Clementina" que amosa perfectamente todo aquilo contra o que protestamos e loitamos. 
Despois de ler o conto e concienciarnos do que si queremos para a vida e do que non, fixemos este cartel reivindicativo que colgaremos na porta da nosa aula. 
Fixemos tamén unhas pegatinas que xa non pegamos para recordarlle a todo o mundo que hai que seguir loitando e que NON queremos máis violencia.






jueves, 24 de noviembre de 2016

CONXUROS DO SAMAÍN

Este ano coincidindo co Samaín traballamos a rima na aula. Fixemos un montón de rimas e nos convertimos en auténticos poetas! 
Coas nosas familia fixemos uns conxuros moi divertidos e xa na aula, convertíamonos en bruxas, magos e demos como veredes no seguinte vídeo.




lunes, 21 de noviembre de 2016

RECEITAS DAS TORTUVAS

Despois da nosa visita ás Adegas Zárate, buscamos información sobre receitas con uvas. Decidimos facer unhas tartarugas con uvas, ás que bautizamos co nome de "TORTUVAS".
Aquí deixamos os vídeos das nosas creacións.






ADEGAS ZÁRATE

O pasado día 29 de Setembro as alumnas e os alumnos de primeiro e de segundo do Torre Illa fomos visitar as Adegas Zárate. Moitos de nós non sabíamos o que era vendimar, por iso as nosas mestras decidiron levarnos e ver in situ en que consiste.
Ao chegar recibíronnos Rebeca e Eulogio na súa finca e xa nos tiñan todo preparado. Déronnos unhas tesoiras e un cubo onde botar as uvas que recolleriamos e directos ás parras! Cortamos un montón de acios e pasámolo xenial.
Cando rematamos, fomos as adegas. Alí vimos o que ocorre coa uva dende a súa chegada: a pesan, quíntanlle o raspón, a prensan, meten o mosto en barricas...
Nós traballamos a uva da forma tradicional: pisándoa. Descalzámonos e a pisar as uvas! Foi unha sensación moi rara pero encantounos.
Ensináronnos todas as instalacións e explicáronnos moi ben todo o proceso. 
Así rematou a nosa visita: con ganas do vindeiro Setembro para poder repetir a experiencia. 

BENVIDOS AO NOSO NOVO BLOG


"Navegando entre cons" é un novo blog que nace no CEIP Torre Illa. Pretende ser unha xanela aberta para que toda a comunidade educativa coñeza o traballo que desenvolve o noso alumnado. Puntualmente as alumnas e os alumnos implicados neste proxecto iremos subindo as nosas creacións para amosar que outra forma de aprender é posible.