Mostrando entradas con la etiqueta Naturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Naturais. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de noviembre de 2022

ANIMAIS VERTEBRADOS

En 3ºB levamos unhas semanas traballando sobre os animais vertebrados.

Aquí podedes ver o que estivemos a facer.

Hecho con Padlet

viernes, 28 de octubre de 2022

OS ANIMAIS VERTEBRADOS

O alumnado de 3º A traballou arreo durante estas semanas sobre os animais vertebrados. 

Unha mostra dos seus traballos é o seguinte. 





Esperamos que vos guste miralo tanto como a nós facelo!
Bo Samaín!!

jueves, 22 de octubre de 2020

CREAMOS ADIVIÑAS

Aquí vos ensinamos as adiviñas que creamos na clase! A ver se sodes capaces de adiviñalas...











Para ser o primeiro vídeo que gravamos nos está nada mal, verdade?

Esperamos que vos gustara!







miércoles, 10 de junio de 2020

AS PLANTAS VII

Hoxe ides pinchar nos enlaces que tendes máis abaixo e solucionaredes cada unha das terefas. 


Todo o que ides ver é o que demos todas estas semanas anteriores. Non hai nada novo.


Lede con calma estas explicacións:

- Non vos poñades nervios@s.
- Teredes un tempo diferente para resolver cada unha das tarefas.
- Na parte superior esquerda, aparecerá en cor vermello o tempo que teredes para facela e o tempo que os vai quedando. 
- Fixádevos ben no que contestades. 
- Non vai ser necesario esgotar o tempo.
- En canto rematedes, mandade as respostas. 

PLANTAS 1           PLANTAS 2          PLANTAS 3


Ata mañá!

miércoles, 3 de junio de 2020

AS PLANTAS VI

Hoxe imos rematar co tema das plantas. A semana pasada comezamos coa reprodución das plantas e traballamos a reprodución sexual e hoxe tócanos a reprodución asexual.

Comezamos vendo o seguinte vídeo:




Toca coller a libreta e poñer o título: A reprodución asexual.

Comezamos a contestar as seguintes preguntas sobre o vídeo (pregunta en negro e resposta en azul):

1ª) Cantas plantas interveñen na reprodución asexual?
2ª) Os catro principais tipos de reprodución asexual son:
3ª) Que é un estolón?
4ª) Un exemplo de planta que se reproduce por estolóns é .................
5ª) Que é un bulbo? 
6ª) Os bulbos teñen ................  das que poden formarse novas.....................
7ª) Un exemplo de planta que se reproduce por bulbos é .........................
8ª) Que é un rizoma?
9ª) Un exemplo de planta que se reproduce por rizomas é o ...................
10ª) Que é un tubérculo? 
11ª) Un exemplo de planta que se reproduce por tubérculos é a ........................

Agora que xa rematamos o tema das plantas, seguide repasando o das semanas anteriores e estudiade o de hoxe. Podedes volver a ver os vídeos e as imaxes con información que hai no blogue.

Para finalizar a tarefa de hoxe, ides axudar á dona da horta das patacas a calcular cantas patacas vai recoller este ano.

Fixádevos ben na foto e contestade ás seguintes preguntas, que son moooooooi sinxeliñas:





a) Cantas filas de patacas plantou?
b) Se en cada fila ten 66 plantas de pataca. Cantas plantas ten en total?
c) Se cando recolla as patacas, de cada fila vai sacar 15kg. Cantos kilos vai conseguir en total?
d) Cantos sacos de 25 kg pode encher?
e) Cantos kilos de patacas lle sobran?
f) Cantos kilos necesita para encher outro saco?
g) Cantos kilos tería que recoller para encher 17 sacos?

miércoles, 27 de mayo de 2020

AS PLANTAS V

Bo día! Sabedes como se reproducen as plantas? Pois hoxe imos aprender como o fan.

Ides facer un título (xa sabedes como) no que poña A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS, deixades dos cadriños e poñedes noutro título máis pequeno A reprodución sexual

Premede no enlace para ver un vídeo mooooi interesante e que vos axudará a contestar as cuestións que tendes máis abaixo.



Agora fixádevos ben na seguinte información:



Unha vez vista, escoitada e lida a información, debuxades unha flor na que aparezan as súas partes e as sinalizades colocando o seu nome e unha frechiña.
Os pétalos da vosa flor, poden ser da cor que queirades, non ten que ser amarela.

Aquí deixovos unha imaxe para que vexades o proceso da reprodución sexual das plantas.




Toca contestar unhas preguntiñas (a pregunta en negro e a resposta en azul):

1ª) Os estames son a parte ....................... da flor.
2ª) No extremo dos estames hai uns saquiños nos que ...................... o pole.
3ª) Os .................. son as follas coloreadas da ...............
4ª) Que é a corola?
5ª) Os sépalos son as .................................... que envolve a flor.
6ª) Que é o cáliz?
7ª) A parte feminina da flor é o .........................
8ª) Na base do pistilo atopamos o .....................
9ª) O óvulo o atopamos dentro do .....................
10ª) Onde se forma o pole?
11ª) En que consiste a polinización?
12ª) O pole pode chegar a outras plantas de dúas formas. Unha é a través dos ..................... e a outra polo ......................
13ª) Onde teñen que chegar os grans de pole?
14ª) En que se transforma o ovario da flor?
15ª) Que sucede cando unha semente cae á terra?


Estudiade e repasade todo o que tendes sobre as plantas. É mooooooooi importante que o fagades.

O traballo de Snappet para hoxe é:

> Lengua castellana
> Lecciones
> Ortografía
> Adjetivos con v (en el ejercicio 2k, la respuesta es cóncavo).

Para finalizar, hoxe toca outro experimento. Primeiro asegurádevos que tendes todo o que necesitades e cando o teñades...Animádevos a facelo!

Mirade quen se atreveu a facer un experimento coa auga.





miércoles, 20 de mayo de 2020

AS PLANTAS IV

Bo día, chicas e chicos! Estades estudando o tema das plantas? É importante que vaiades estudando pouco a pouco, porque cando o rematemos, faremos un control.

Hoxe non ides ver un vídeo, ides facer un título na libreta de Natu, que poña "A NUTRICIÓN DAS PLANTAS" e logo faredes un debuxo dunha planta cun talo un pouco ancho para que poidades facer as flechiñas que aparecen no debuxo que hai máis abaixo. Ao rematar o debuxo, escribiredes os diferentes pasos que necesita a planta para facer a súa función de nutrición.



Agora toca contestar as seguintes preguntas:

1ª) Que absorbe a planta a través da raíz?
2ª) De que está formado o zume bruto?
3ª) O zume bruto ascende por uns................... que están dentro da raíz e do ............. e chega ata as...............
4ª) Que collen as follas do aire?
5ª) O alimento da planta é o zume elaborado, que se forma ao mesturar o ............. bruto e o dióxido de .................., coa axuda da luz do ..............
6ª) Como se chama o proceso que acabas de escribir na pregunta 5?
7ª) A fotosíntese ocorre durante o día. Por que pensas que non se produce durante a noite?
8ª) Que expulsan as plantas cando realizan a fotosíntese?
9ª) Por onde se reparte o zume elaborado?

E agora, toca estudar!

O traballo de Snappet para hoxe é:

> Lengua Castellana
> Lecciones
> Gramática
> Pronombres personales

Hoxe, para rematar, uns experimentos para facer con auga e coa axuda dun adulto.





Podedes mandar unha foto vosa con algún destes experimentos.

Moitos bicos e ata mañá!


sábado, 16 de mayo de 2020

MASCOTAS Y VEXETAIS

Bo día! Queredes ver as fichas das plantas e as mascotas que fixéchedes?
Pois premede nas imaxes e mirade, mirade...


   

                    
             

miércoles, 13 de mayo de 2020

PLANTAS III

Bo día! Hoxe é mércores e toca Natu. 
A semana pasada traballamos  sobre "As plantas con flor". Sabedes que imos traballar hoxe? Pois si, "As plantas sen flor". 
O primeiro que faredes vai ser ver e prestar mooooita atención ao seguinte vídeo:





Toca coller a libreta, xa sabedes, a de Lingua (4ºA) e a de Natu (4ºB). Facedes un título igual ao que fixéchedes  semana pasada no que poña: - as plantas sen flor.

Agora, empezades a contestar as seguintes preguntas (se é necesario, escoitade e mirade o vídeo varias veces):

1ª) Este tipo de plantas ........... producen ........... nin sementes.
2ª) Cales son os dous grandes grupos que pertencen a este tipo de plantas?
3ª) Como son os musgos? Son plantas.......................... e .................
4ª) En que tres lugares podemos atopar os musgos?
5ª) Teñen unhas ........................ moi pequenas, un ................. talo e se agarran ao chan.....................................................................................................
6ª) Como son os lugares onde viven os fentos? 
7ª) Escribe dous lugares onde podemos atopar fentos. Podemos atopar fentos .............................................................
8ª) O seu talo é............................ e del saen as.......................... e as.........................................., que poden ser bastante....................... 

Agora que xa tendes toda a información sobre as plantas con e sen flor, ides elaborar un mapa conceptual. Podédelo facer das seguintes maneiras:
- Nun folio ou na libreta e logo escanealo. 
- Nalgunha APP das que utilizamos no cole: Mindmeister (a que usastes na clase de 4ºA) e Popplet para Ipad, e miMind (a que usamos en 4ºB), para Android. 
- Páxinas de internetCanvaCreatlyBubbl.usDraw.io


Lembrade que non podedes escribir toda a información. Tendes que poñer a máis importante.
Cando o teñades feito, mandádeo ao correo.


O traballo de Snappet de hoxe é:

> Lingua galega
> Leccións
> Acentuación
> Identificar la sílaba tónica. (Hai que facer como mínimo os 23 exercicios da lección).


Por último, no paseo de hoxe ou no de mañá, tendes que buscar algún exemplo dalgún tipo de planta das que falamos. Cando a atopedes, que vos saquen unha foto con ela e ao chegar a casa, a editades e escribides a que grupo pertence (con flor--> anxiosperma ou ximnosperma e sen flor--> fento ou musgo) e o seu nome. Se preferides, tamén podedes facer un vídeo coa planta, no que expliquedes esas características. 
Esta actividade tamén é obligatorio facela.

Moitos bicos e ata mañá!

miércoles, 6 de mayo de 2020

AS PLANTAS II

Bo día! Hoxe toca Naturais e imos seguir aprendendo e repasando cousas das plantas.

Igual que a semana pasada, en en primeiro lugar, imos ver un vídeo, que hoxe trata sobre as plantas con flor.



Logo de ver o vídeo, colledes a libreta de Lingua (4ºA) e a de Natu (4ºB) e facedes un título pequeno coma o que fixéchedes a semana pasada  de "Partes das plantas", no que poña "Grupos de plantas". 
Como víchedes, o vídeo de hoxe está en galego, así que xa non teredes que buscar como se di algunha palabra.

Agora, empezades a contestar as seguintes preguntas (para contestalas ben, teredes que ver varias veces, e sobre todo, escoitar ben o que se di no vídeo:

1ª) En que dous grandes gupos  se poden clasificar as plantas?
(Agora poñede no seguinte renglón un guión e As plantas con flores : - As plantas con flores e logo seguide contestando as preguntas)
2ª) Como se reproducen as plantas con flores?
3ª) En que épocas teñen flores estas plantas?
4ª) Teñen flores todo o ano?
5ª) En que dous grandes grupos podemos clasificar este tipo de plantas? (Mirade as seguintes preguntas para ver como se escriben esas palabras tan raras).
6ª)  Como poden ser as flores das plantas anxiospermas?
7ª) Onde atopamos as sementes das anxiospermas?
8ª) As anxiospermas son moi variadas, poden ser ................., ................ ou ..................
9ª) Algúns exemplos de plantas anxiospermas son:......................, a ......................., a lavanda e o trigo. 
10ª) As plantas ximnospermas teñen flores que son ................ vistosas.
11ª) Producen froitos as plantas ximnospermas?
12ª) As súas sementes fórmanse en ...............
13ª) A maioría destas plantas son .................. e arbustos de folla.....................
14ª) As súas follas soen ter forma de ...................
15ª) Algúns exemplos de plantas ximnospermas son o ................, o.................., o ............... e o .................

Aquí tendes unha imaxe na que podedes ver diferentes tipos de plantas con flor (a algunhas delas non lles vedes as flores porque non están na época de telas):




A próxima semana traballaremos as plantas sen flores. Ide repasando as cousas que imos vendo, para que logo non se vos faga difícil estudar todo de golpe.

O traballo de Snappet de hoxe é:

> Lengua 
> Lecciones
> Gramática
> Grados del adjetivo


IMPORTANTE: ESTUDIADE E REPASADE O TEMA DAS PAISAXES PARA O EXAME DO VENRES.


Por último, o vídeo de hoxe está relacionado co traballo que fixéchedes. Animádevos a facelas!




Ata mañá!



miércoles, 29 de abril de 2020

AS PLANTAS I


Bos días! Hoxe imos comezar a traballar o tema das plantas. Repasaremos cousas que xa sabemos e ademais aprenderemos algunha cousiña nova. 

Comezamos!

O primeiro que faredes, será facer un título grande e ben bonito no que poña "AS PLANTAS" e despois facedes outro máis pequeno que poña "Partes das plantas" na libreta de Lingua (4ºA) e na de Naturais (4ºB).
Agora premede na imaxe para ver o vídeo:



Logo de ver o vídeo, colledes a libreta e contestaredes ás seguintes preguntas relacionadas co vídeo. Se vos fixáchedes, o vídeo está en castelán e as preguntas que ides contestar, están en galego, así que, as respostas tamén teredes que facelas en galego. Se tendes algunha dúbida de como se di algunha palabra, podedes preguntar na casa ou buscala premendo aquí.

1ª) Que é a raíz?
2ª) Son todas as raíces iguais? En que se diferencian?
3ª) Que é o talo e cal é a súa función?
4ª) Cales son os tipos de talos?
5ª) Como son os talos leñosos e de que están formados?
6ª) Onde podemos atopar este tipo de talos?
7ª) Como son os talos herbáceos e onde os podemos atopar?
8ª) Escribe as diferencias que hai entre o talo dunha árbore e a dun arbusto.
9ª) Que son as follas?
10ª) Cales son as partes dunha folla? 
11ª) Que é o peciolo?
12ª) Que é o limbo?
13ª) Fai un debuxo dunha planta na que se vexan reflexadas todas as súas partes.
14ª) Que quere dicir folla caduca?
15ª) Que quere dicir folla perenne?
16ª) Como poden ser as follas según o seu borde? Fai un debuxo de cada unha.
17ª) Como poden ser según a forma do limbo? Fai un debuxo de cada unha.

Agora mirade este vídeo no que se fala de curiosidades das plantas. Di cousas mooooooi interesantes. Premede aquí.



O traballo de Snappet de hoxe é:

> Lingua
> Lección
> Gramática
> Os nomes individuais e colectivos.



Por último, co vídeo de hoxe, ides chupar os dedos:




Ata mañá!

martes, 21 de abril de 2020

ACTIVIDADE NATURAIS 4


Bos días! Acordádesvos da horta do cole? Siiiiii, verdade?
E lembrades que foi o que plantamos nel?




Imos facer un recordatorio. O primeiro que plantamos foron uns repolos e coliflores, logo, comezaron a nacer uns allos que quedaron do ano pasado. Uns días máis tarde, tamén plantamos cebolas e porros e,  por último, unhas patacas. Tamén naceu algunha leituga que debeu quedar tamén do ano pasado. Moitas cousas, verdade? 

Pois o que imos facer hoxe, é o seguinte:

- Ides elexir unha das verduras e facer unha ficha sobre ela (conseguiredes a información preguntando á vosa familia, e buscando en internet). Nesa ficha terá que aparecer o seu nome, a época na que se sementa ou se planta, os coidados que precisa (rego, luz, humidade...), as propiedades que nos aporta o seu consumo e, por suposto, un debuxo ben bonito.


Estes son dous exemplos, pero podedes facelo, como máis os guste a vós:






Lembrade que o traballo ten que ser en galego aínda que vos puxen un exemplo que está en castelán.


Hoxe, para rematar non temos un vídeo. Ides pensar e debuxar unha mascota para a horta. Ten que estar feita en tamaño folio e deberá ser un debuxo orixinal, colorido e que represente algunha hortaliza ou verdura. Por suposto, tamén teredes que poñerlle un nome. 

A ficha da verdura que elixades facer, podedes realizala nun folio ou en Canva e cando teñades os dous traballos feitos os mandades ao correo.

Para mandar ao correo os traballos que fagades a man e bo que utilicedes unha app no teléfono ou na tablet para escanear, por exemplo CamScanner (que é mooooi fácil de utilizar) en vez de sacar unha foto, xa que así se pode ver mellor o traballo realizado, que nalgúns casos é un pouco complicado.
Os móbiles soes incluír esta APP dentro da carpeta de FERRAMENTAS. Botádelle un vistazo.

O traballo de Snappet para hoxe é:

> Lengua castellana
> Lecciones
> Gramática: los adjetivos.

Ata mañá! Bicoooos!

miércoles, 15 de abril de 2020

ACTIVIDADE NATURAIS 3

Bos días! Que sucedería se hoxe recibides unha información como esta?


Pois pensade que é certa.

Teredes que pensar que consecuencias pode ter esta situación e suxerir algunhas solucións para pasar ese tempo sen enerxía.

Como o faredes?

Podedes facer unha táboa como esta na libreta de Lingua 4ºA e na de Natu 4ºB e cubrila cos problemas que vos xurdan e coas solucións que atopáchedes .


Esta é unha proposta de presentación, pero podedes facelo doutra forma se o preferides.

Mooooitos bicoooooos!!!


martes, 7 de abril de 2020

CARTEIS AFORRO ENERXÍA

Ola! Xa temos moitas propostas e consellos de aforro enerxético.

Queredes velas e comezar a poñelas en práctica? 
Nós xa o estamos facendo! 
Premede na imaxe e... comezade, que xa sabedes que o noso planeta nolo agradecerá. 


Moitos bicos! 
Vémonos pronto!


miércoles, 1 de abril de 2020

ACTIVIDADE NATURAIS 2


Boas rapazas e rapaces!


A semana pasada estivéchedes pensando en actividades que facedes ao longo do día e en se son ou non imprecindibles.

 Hoxe toca seguir pensando en ...

Que se vos ocorre facer para aforrar enerxía?

Pensade que, ademais de nas vosas casas, tamén podedes aforrar enerxía no transporte, na escola, etc. 

Elaborade un cartel informativo de boas prácticas con cousas que estean na vosas mans facer para aforrar enerxía.

Se necesitades algo de axuda, premede na bombilla.

Estaría xenial que acompañarades cada idea que se vos ocurra cun debuxo, coma por exemplo este:

O cartel podédelo facer na libreta de Ciencias Naturais, nun folio ou en Canva e podédelos mandar por correo ou por WhatsApp, para que todos e todas poidamos comezar a poñer en práctica todos eses consellos.


Aquí tendes os enlaces:



O vídeo de hoxe é de baile:

Moitos bicooos!

miércoles, 25 de marzo de 2020

ACTIVIDADE NATURAIS 1

Boas Super Eolos e Mega Turbinas! Como levades o estudo do tema das enerxías? Seguro que moi ben! 😊 A que si?


Hoxe imos traballar un pouquiño sobre elas.


Comezamos!

1º) Pensa en diferentes actividades que realizades  ao longo do día e nas que utilicedes enerxía e fai unha lista con todas elas na libreta de Naturais.

2º) Agora vas escribir ao seu lado o tipo de enerxía que se utiliza e se cres que é necesaria ou non realizar esa actividade.  

EXEMPLO:

Mirar a tele mentres almorzo ---- Electricidade----- Non necesario 

3º) Se non dispuxeras da enerxía suficiente para realizar algunha desas actividades, cales deixarías de realizar e por cales as substituirías?

EXEMPLO:

Mirar a tele mentres almorzo --- Falar coa miña familia un  pouquiño.


Se queres practicar sobre o aforro enerxético:

Enlace xogo

Preme na imaxe para ver a sorpresa de hoxe.