Mostrando entradas con la etiqueta Lingua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de junio de 2023

TEATRO

 Chegou o gran día!

Este mércores estreamos a obra de teatro "Martiño o carteiro porquiño", que adaptamos do conto que leva o mesmo título. 

Logo de coser os monicreques coa axuda de Trini, decorámolos na clase e quedaron así de bonitos:


                 

                 


Fixemos uns cantos ensaios e, por fin, aquí tendes o resultado.

Esperamos que disfrutedes dela.


miércoles, 23 de marzo de 2022

NOTICIAS

Durante estos días estuvimos trabajando con periódicos y elaborando noticias y, la verdad, es que nos estamos convirtiendo en todos unos expertos reporteros y reporteras.

Estas son las noticias que preparamos esta semana. Dos de ellas son ciertas y las otras dos no. Leedlas y a ver si sois capaces de diferenciarlas. 




                                          


domingo, 3 de octubre de 2021

NORMA ORTOGRÁFICA MP - MB

O alumnado de 2ºA aprendeu esta semana unha nova norma ortográfica. Cada grupo escolleu o traballo que quixo elaborar, así temos: 

ANUNCIO DE RADIO 


ANUNCIO DE TELEVISIÓN


CARTEIS PARA A AULA




En 2ºB tamén traballamos esta norma.
Estes son os carteis e os anuncios que fixemos.


Premede nos debuxos para poder escoitar e ver.
          
             
                
       



jueves, 4 de junio de 2020

SNAPPET LINGUA E MATE

O traballo de Snappet de hoxe vai ser o seguinte:

Primeira lección:

> Lingua galega
> Leccións
> Gramática
> O tempo dos verbos. (Facedes 22 exercicios, ata o 3d).

Segunda lección (repasa os determinantes indefinidos que tes na libreta de Lingua galega):

> Lingua galega
> Leccións
> Gramática
> Indefinidos. (Facedes 12 exercicios, ata o 3d).

 Terceira lección:

> Matemáticas
> Leccións
> Unidades de medida
> Litro, medio litro e cuarto de litro.

Lembrade que non debedes deixar ningún exercicio sen facer e que o domingo desaparecerán.


Para rematar, seguro que nestes días, a maioría de vos  xa estades indo á praia. 
Que vos parece se nos mandades unha foto disfrutando deses momentos nesas praias tan fermosas que ten a Arousa? E, se todavía non ides, mandade tamén unha foto desfrutando dalgún bo momento.
Así as profes as subiremos ao blogue e todas e todos poderédesvos ver. 


Animádevos!


jueves, 28 de mayo de 2020

ACENTUAMOS

Bo día! Esta semana xa estivestes practicando a acentuación en lingua castelá pero como é un tema que precisa moita práctica para chegar a controlalo hoxe imos seguir...
Collemos a libreta de lingua e... mans a obra!

1º) Ordena as letras para formar palabras. Explica ao lado de cada unha por que levan ou non levan til. 





O traballo de hoxe de SNAPPET é o seguinte:
> Lingua galega
> Lección
> Ortografía
> Palabras con B

E para a merenda de hoxe... unhas ricas tortitas!

jueves, 21 de mayo de 2020

COMPRENDEMOS UN CONTO

A actividade de hoxe consiste en escoitar un conto e contestar ás seguintes preguntas. Estade ben atentas e atentos e, se o precisades, volvédeo a escoitar por segunda vez.



Agora que xa escoitastes o conto, colledes a libreta de lingua e contestades ás seguintes preguntas.
Debaixo da data poñede o título do conto en letras maiúsculas e de cores.

1º) Contesta:

- Que personaxes se mencionan no conto?
- Que parentesco teñen entre eles?

- Que estaban a facer ese día?

- A que lugar querían chegar?


2º) Substitúe as palabras destacadas polas expresións que se usan no conto para referirse ao mesmo.

- Tamara era moi pequena:
- Tamara camiñaba moi amodo:

3º) Busca no dicionario as seguintes palabras e copia o significado: (Na parte da dereita do blog tendes un enlace aos dicionarios de lingua e lengua)
- Costento:
- Devecer:
- Devagar:
- Berro:

4º) Agora escribe unha oración con cada unha das anteriores palabras.

5º) Ao final do conto Tamara di: 
SON RECORDOS DA MONTAÑA, SABEDES? 
Busca no dicionario a palabra recordo e copia todas as definicións que aparecen. Que significado ten a palabra RECORDOS na frase que di Tamara? Sublíñaa.

6º) Tes algún recordo dalgunha viaxe que fixeches? Cal?

7º) Se tiveras que quedarte cun so recordo destes catro anos que compartimos xuntos, cal sería? Por que?


O traballo de SNAPPET é:
> Matemáticas
> Lecciones
> Geometría
> Elementos y perímetro de los polígonos

O agasallo de hoxe é un xogo sobre os polígonos. Entrade e a xogar!


jueves, 30 de abril de 2020

ADXECTIVOS

Bos días: 
Hoxe faremos traballo sobre adxectivos na libreta de lingua.
Recordade que o que está aquí escrito o copiamos en negro e as nosas respostas en azul.







Copia o seguinte texto e subliña de vermello os adxectivos. Rodea co lápis o substantivo ao que se refiren. 
Cando remates escribe os adxectivos e, ao carón, o grado que ten cada un. Os que teñan grado comparativo, especifica cal.





O traballo de SNAPPET é:
> Lengua castellana
> Lecciones
> Gramática
> Los determinantes demostrativos.

* Recordad que las lecciones empiezan en el número 1.

* Cuando terminéis los ejercicios de hoy, revisad las lecciones de todas las asignaturas por si tenéis algo sin hacer o sin completar.



Os enseñamos unos madalas preciosos que llegaron al correo:


MARA

MARIÑA 

VERA


CLAUDIA T.



 MAELYS


HUGO


GAEL


BRAIS




jueves, 2 de abril de 2020

REPASO DETERMINANTES

Bos días! Antes de empezar, tendes unha mansaxe que vos manda o voso compañeiro Alén para todoas e todos vos.

Agora, comezamos!

Hoxe ides traballar con todos os tipos de determinantes. Para iso, antes de empezar a facer os exercicios, debedes estudalos todos, ou se xa os sabedes, darlle un repasiño ou dous, para que non teñades que mirar pola libreta ao facelos.

Xa os sabedes? Pois a traballar!







Traballo rematado!

Agora non vos olvidedes dos enlaces:

E por último, o vídeo de hoxe é para facer origami:


Podedes facelos de diferentes tamaños e cores e colocalos por diferentes lugares das vosas casas.

Bicos e ata mañá!


jueves, 26 de marzo de 2020

DETERMINANTES NUMERAIS E INDEFINIDOS


Bos días! Hoxe ímoslle dar un repasiño aos determinantes numerais e aos indefinidos, pero antes de comezar a traballar, tendes unha sorpresa que vos vai a encantar. Abride o paquete e veredes!



Unha sorpresa así alegra a calquera, verdade? A que estades máis animadas e animados?

Pois veña, comezamos!

Os numerais poden ser:

– Cardinais, que indican unha cantidade (tres, nove, quince...). 
– Ordinais, que indican a orde na que aparece un elemento nunha serie.

Os indefinidos expresan cantidades de forma inexacta. Aquí tendes algún exemplo, pero na libreta tendes máis.


1º) Escribe en letra os números indicados: 

      - Trinta e un de xaneiro.
      -....................................
      -....................................
      -....................................
      -....................................
      -....................................


2º) Escribe en letra os seguintes ordinais: 

     1º ............................. 2º ............................. 4º ............................. 
     5º ............................. 7º ............................. 8º .............................
     10º ........................... 11º ......................... 12º .............................

3º) Completa cos determinantes numerais e logo debuxa un personaxe que teña esas características:

    ............. ollos             ............ narices
    ............ orellas           ............ pelos 
    ............ pés                ............. cellas 
    ............ bocas            ............. lunar 


4º)


5º) Copia e completa con numerais

6º) Copia o texto e logo 

7º) Rodea no exercicio anterior os cardinais de amarelo e os ordinais de verde.

8º)


9º)


Agora ides practicar un pouco de ortografía e vocabulario coa letra B.

Non vos olvidedes dos enlaces:

Para finalizar, hoxe tendes unha sesión de ioga.



Bo traballo! Portádevos ben e moito ánimo, que xa queda un día menos!
Moitos bicos!