domingo, 30 de septiembre de 2018

AVATARES 3º

A misión que nos encomendou o Capitán Xeral da Brigada de Cazamonstros está rematada. Aquí están os nosos avatares!


 3ºA

3ºB

Seredes capaces de saber quen é cada quen?

domingo, 16 de septiembre de 2018

BENVIDAS E BENVIDOS A TERCEIRO!!

Xa estamos de volta! Temos por diante 9 meses que nos depararán marabillosos acontecementos, novas amizades, novos aprendizaxes, novas ilusións... e todo isto acompañado de moita, moita diversión.
Como sodes nenos e nenas, o que máis nos preocupa ás mestras é que o pasedes ben e disfrutedes todos e cada un dos días que vindes á escola, por iso este ano imos a gamificar, isto é, levar técnicas e dinámicas propias dos xogos a outros espacios, no noso caso, á aula. Para que nos vai servir isto a nós? Para motivalos, para activar a súa aprendizaxe e para que desfruten como o que son, nenas e nenos.
A primeira forma de enganchalos foi a carta que vos chegou ás vosas casas:

Xs están enganchadas/os e queren máis e máis. A seguinte mensaxe chegounos por correo electrónico á escola. Aquí volo amosamos:




Iremos informado os seguintes pasos, estade atentos porque os monstros aínda están soltos!

As titoras