jueves, 7 de diciembre de 2017

RADIO SEGUNDO A

O pasado mércores 29 a clase de segundo A visitou a Radio Carcamán.
Aquí tendes o seu programa de radio:

 PROGRAMA RADIO CARCAMÁN

PROGRAMA RADIO CARCAMÁN

COMEZAN AS ELECCIÓNS

Recordades a cidade que fixemos o ano pasado os nenos e nenas que agora estamos en segundo? Esperemos que si, traballamos moito e creamos unha cidade moi chula...
Agora ben, toda cidade, que se precie (como a nosa) está representada por un alcalde ou alcaldesa. Nós non imos ser menos e, por iso estamos na busca dun ou dunha representante para os segundos. 
Como sabedes este ano convertémonos en piratas. Cando os piratas teñen que tomar unha decisión xúntanse e falan entre todos ata tomar unha decisión.
Nós na clase tamén nos xuntamos por equipos e dialogamos. A primeira decisión que tomamos foi a de elexir un representante de cada equipo que será o que compita co resto dos ou das representantes dos demais equipos.
Ademais disto cada un/unha de nós eleximos a concellería que queriamos representar.
A elección foi dificil. Estas eran as opcións.


Unha vez escollido isto pensamos no nome que lle queriamos poñer aos nosos partidos políticos e os logos que nos ían identificar.
Mirade os resultados!

Agora estamos traballando na publicidade: carteis, trípticos, anuncios... 
Ensinarémosvos o avance...