A clase de 4ºA vos desexa unhas felices festas! Vémonos no 2026!!
Este Nadal non haberá moitos deberes pero é necesario que fagades o traballo que Isis nos encomendou.
Para seguir conseguindo máis e máis cromos, hai que seguir traballando... É o momento de gañas algún máis.
MATEMÁTICAS
* Cantos anos reinou Ramses II?
* Cantos fillos e fillas tivo?
LINGUAS
* Que inventou Imhotep que aínda hoxe nos sorprende?
NATURAIS
* Como se chama o libro ou texto máis famosos de Amenemope?
SOCIAIS
Por que cres que os antigos exipcios borraban nomes das paredes?
TECNOLOXÍAS
Como conservaban os antigos exipcios o pescado que capturaban no río Nilo?
O xa coñecido Anubis, deus das almas, acaba de facer aparición na nosa clase. Ao igual que Thot, vén cargado de preguntas sen resposta polo que precisa da nosa axuda.
É certo que a recompensa de Thor mereceu a pena o traballo que nos supuxo. Esperemos que Anubis manteña o nivel...
Aquí temos as novas preguntas:
* Como se chama o libro exipcio onde aparece Anubis pesando o corazón dos mortos?
* Por que momificaban os mortos?
* Que ingrediente utilizaban para deshidratar e conservar os corpos?
Poñédevos mans á obra!!
Hoxe recibimos a visita dun novo deus! Neste caso coñecemos a Thot, deus da escritura, da sabedoría e da maxia!
Nesta ocasión as preguntas que nos fai son:
- Todos os anos o río Nilo desborda e inunda os campos. Que se formaba cando isto pasaba e para que servía?
- Que instrumentos ou obxectos estaban asociados a Thot?
Hoxe ao chegar á clase vimos que había 5 novos cromos polos que loitar! Como sabedes, para conseguilos hai que dar resposta á pregunta que nos fai cada personaxe e superar un novo reto. Cada reto estará relacionado cunha asignatura da clase. Aquí deixamos as preguntas para que podamos ir investigando na casa.
En que famoso val mandou construír a súa tumba?
LINGUAS
Como se chama a famosa pintura que está na tumba de Neferemaat?
NATURAIS
Con que escribían os escribas exipcios como Ani?
SOCIAIS
Que fixo que a súa tumba fose tan especial cando a descubriron?
TECNOLOXÍAS
Que é o "shaduf" e para que o utilizaban?
Ide investigando as respostas a estas preguntas, escribíndoas nas follas do arquivador e pronto accederedes ao reto e ao cromo!!
Despois de levar a cabo o I CONCURSO DE LANZAMENTO DE AVIÓNS aquí tedes un vídeo resumo no que queda reflectido o gran traballo feito por todos os nenos e nenas de terceiro.
Lembrade que a portada da revista debe seguir estas instrucións:
- Debe ser nun folio tamaño DIN A4 en vertical
- Debe levar o nome: "REVISTA CARCAMÁN"
- Debe levar o título: "LETRAS GALEGAS 24-25"
- Debe incluir o nome do cole: "CEIP TORRE ILLA"
- Debe incluir a frase: "AS CANTAREIRAS E POESÍA POPULAR ORAL"
A data tope é o martes 29 de abril.
Non esquezades investigar a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas e que instrumento tocaba. Anotádeo na axenda.
Queridas e queridos abellóns, xa que tendes que practicar o rock de Melibea, aquí vola deixo para escoitala na casa.