viernes, 6 de febrero de 2026

RA

 

 
A preguntas que nos lanza o Deus Ra son:
 

* Con que animal se representaba a cabeza do Deus Ra?

* Os exipcios, nun primeiro momento, tiñan un sistema numérico moi parecido ao noso. 

Busca o símbolo que utilizaban para os seguintes números:

1

10

100

1.000

10.000

100.000

1.000.000

MURAIS

Esta semana comezamos a realizar murais con cada unha das personaxes exipcias que imos coñecendo. 

Deixamos unha mostra para que os e as primeiras en facer o seu traballo poidan ter un exemplo a seguir.

Lembrade facelo en galego e en vertical!

Podedes facer primeiro un borrador en sucio e traelo para corrixir antes de realizar o mural.