jueves, 18 de junio de 2026

VISITA MUSICAL

Hoxe fomos uns grandes afortunad@s. Visitounis Iago Romero Vidal, antigo alumno e produtor musical da Arousa. Quixo gravar as nosas voces para unha canción que formará parte do álbum SARGADELOS, e que interpreta o cantautor Astray. desexando estamos de ver o resultado da nosa colaboración. grazas Iago!!







martes, 26 de mayo de 2026

LIGA DO SENET

 Despois de que o deus Hapi nos propuxera facer o noso propio senet e vendo o fermosos que quedaron, damos comezo á nosa LIGA DE SENET!

Iremos actualizando os resultados dos partidos.


 

viernes, 6 de febrero de 2026

RA

 

 
A preguntas que nos lanza o Deus Ra son:
 

* Con que animal se representaba a cabeza do Deus Ra?

* Os exipcios, nun primeiro momento, tiñan un sistema numérico moi parecido ao noso. 

Busca o símbolo que utilizaban para os seguintes números:

1

10

100

1.000

10.000

100.000

1.000.000

MURAIS

Esta semana comezamos a realizar murais con cada unha das personaxes exipcias que imos coñecendo. 

Deixamos unha mostra para que os e as primeiras en facer o seu traballo poidan ter un exemplo a seguir.

Lembrade facelo en galego e en vertical!

Podedes facer primeiro un borrador en sucio e traelo para corrixir antes de realizar o mural.


 

martes, 27 de enero de 2026

NOVOS CROMOS!!

 

MATEMÁTICAS

Que comunicaba o canal que mandou construir?


LINGUAS

Que obra impresionante se lle atribúe?

martes, 13 de enero de 2026

SEXTO DEUS

 

Responde no teu arquivador:

* Como perdeu Horus o seu ollo?

* Que tres pirámides formas as pirámides de Guiza?Escribe o nome e o tamaño de cada unha delas, tanto da súa base como da altura.

sábado, 20 de diciembre de 2025

viernes, 19 de diciembre de 2025

QUINTO DEUS

Este Nadal non haberá moitos deberes pero é necesario que fagades o traballo que Isis nos encomendou.

Responde no teu arquivador:..
* Que obxecto máxico tiña Isis que lle daba poder?
 
* Define: Shenti, Nemes, Atef, Usekh, Cetro Heka e Ureaus. 
 


 
 


lunes, 15 de diciembre de 2025

jueves, 13 de noviembre de 2025

SUMA E SIGUE

Para seguir conseguindo máis e máis cromos, hai que seguir traballando... É o momento de gañas algún máis.



MATEMÁTICAS

* Cantos anos reinou Ramses II?

* Cantos fillos e fillas tivo?






LINGUAS

* Que inventou Imhotep  que aínda hoxe nos sorprende?






NATURAIS

* Como se chama o libro ou texto máis famosos de Amenemope?

 

 

 

 

 

SOCIAIS

Por que cres que os antigos exipcios borraban nomes das paredes?






TECNOLOXÍAS

Como conservaban os antigos exipcios o pescado que capturaban no río Nilo?