domingo, 7 de mayo de 2017

O HORTO

Hai uns días veu Paula ao cole, levounos ao horto e plantamos acelgas, leitugas, fresas... Tamén botamos abono do composteiro e regamos. Agora temos que seguir coidando as nosas plantiñas e esperar a que medren.




miércoles, 3 de mayo de 2017

MERENDAS SAUDABLES


A semana pasada como fui a semana da froita no cole, fixemos unhas merendas un poco diferentes. Tamén viñeron unhas chicas a ensinarnos a facer uns bocatas saudables. Esperamos que poñades en práctica estas receitas e que vos gusten. A nos encantáronnos!

lunes, 1 de mayo de 2017

DÍA DO LIBRO

Xa para rematar esta conmemoración amosamos dúas fotos moi especiais. As nais de Mariña e Áurea viñeron esta semana a lernos uns contos que nos encantaron.
Queremos darlle as grazas a elas e a nai de Lucía por vir a nosa aula e participar connosco do día do libro.
Quedades todos convidados a pasaros pola nosa clase a lernos un conto especial para vós.



Moitas grazas mamis!

DÍA DO LIBRO

Outra das actividades realizadas para celebrar o día do libro son os apadriñamentos. O alumnado de 4º aprovechou a hora de lectura para lernos un conto a cada un de nós no patio. 
Aquí están as fotos:




lunes, 24 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

O venres veu ao cole o contacontos Servando Barreiro. Aquí tendes unha mostra do ben que nolo fixo pasar. 

domingo, 23 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de Abril celébrase o día do libro pero nós xa o estivemos celebrando durante toda a semana na escola.
Os nosos compañeiros Mariña e Óscar foron a ler uns contos aos nenos e nenas de 3 anos.


Os chicos Diego e Jorge viñeron a nosa aula para lernos o libro "A que sabe a lúa?"


E para rematar a semana, Lucía, nai da nosa compañeira Lucía leu un conto que nos encantou.



Mañá os amosaremos máis actividades levadas a cabo nesta semana.
Non vos esquezades de buscar os libros que deixou Libria pola Illa!!!





viernes, 7 de abril de 2017

DÍA DA SAÚDE

Con motivo da celebración do día da saúde, María e Ramón viñeron á escola a ensinarnos uns primeiros auxilios que nos serán moi útiles no noso día a día.
Mirade canto aprendemos.