jueves, 7 de diciembre de 2017

COMEZAN AS ELECCIÓNS

Recordades a cidade que fixemos o ano pasado os nenos e nenas que agora estamos en segundo? Esperemos que si, traballamos moito e creamos unha cidade moi chula...
Agora ben, toda cidade, que se precie (como a nosa) está representada por un alcalde ou alcaldesa. Nós non imos ser menos e, por iso estamos na busca dun ou dunha representante para os segundos. 
Como sabedes este ano convertémonos en piratas. Cando os piratas teñen que tomar unha decisión xúntanse e falan entre todos ata tomar unha decisión.
Nós na clase tamén nos xuntamos por equipos e dialogamos. A primeira decisión que tomamos foi a de elexir un representante de cada equipo que será o que compita co resto dos ou das representantes dos demais equipos.
Ademais disto cada un/unha de nós eleximos a concellería que queriamos representar.
A elección foi dificil. Estas eran as opcións.


Unha vez escollido isto pensamos no nome que lle queriamos poñer aos nosos partidos políticos e os logos que nos ían identificar.
Mirade os resultados!

Agora estamos traballando na publicidade: carteis, trípticos, anuncios... 
Ensinarémosvos o avance...

viernes, 17 de noviembre de 2017

MERENDA PIRATA

O martes pola tarde fixen unhas galletas piratas coa miña nai.
Seguimos estes pasos:
1º Fixemos a masa.
2º Amasamos o fondant.
3º Botamolle colorante ao fondant.
4º Cortamos o fondant cun cortador.
5º Cortamos o fondant pola metade.
6º Poñemos os adornos a o fondant.
7º Metemos as galletas  no forno.
8º Sacamos as galletas del orno
e9ºPor ultimo pegamos o fondan nas galletas.



Autora Aurea Garcia Otero.

jueves, 9 de noviembre de 2017

PASOS PARA A PLANTACIÓN DA LANDRA

Mateo, Silvia e Noa de 1ºA explicáronnos aos nenos e nenas de 2ºA como se planta unha landra. Os pasos son:
- 1º: Collemos un rollo de papel hixiénico.
- 2º: Botarlle terra pola metade.
- 3º: Poñemos a landra.
- 4º: Botamos terra ata arriba.
- 5º: Regamos un pouquiño.
- 6º: Deixala fóra, porque esta semente precisa frío.




Olaia, Paula, Cristian e Alberto foron as encargadas e encargados de ir á clase de 2º B.




Firmado:
- Carlos García Patón. 
- Lía Cacavelos Cores.

martes, 24 de octubre de 2017

APARELLO RESPIRATORIO



Este experimento o fixemos hoxe na clase para aprender como respiramos.
Os autores do video somos:
- María Fariña García.
- Alén Duro Cores.
- Nerea Diz Estrada.
- Rafael Dios Aguín


Aquí amosamos outro esperimento:


Os autores e autora somos:
- Cristian Cañon Fernandez.
- Iker Castro Besada.
- Lia Cacabelos Cores


O experimento do equipo 4:

Os autores e a autora somos:
- Eloy Garcia Parada.
- Carlos Garcia Patón.
- Áurea Garcia Otero.



O experimento do equipo 2 é:

As autoras e o autor deste video somos:
- Chloé Corrales Viñas
- Manuel Cores Torrado
- Mariña Cores Vázquez
- Lucía Chazo González

jueves, 19 de octubre de 2017

O XOGO DOS MÚSCULOS.

A profe nos fixo un xogo dos músculos cunha aplicación chamada Plickers. Deunos unhas tarxetas que nos servian para responder ás preguntas que aparecian na pizarra dixital  e nos contestábamos. 
A profe escaneaba as nosas respostas  co seu móbil. 

Mariña Cores Vázquez de 2ºA.
Rafa Dios Aguín de 2ºA.
Alén Duro Cores de 2ºA











martes, 17 de octubre de 2017

O COFRE DE PIRATAS

A semana pasada trouxen a nosa clase un cofre con un tesouro delicioso: traía moedas de chocolate e galletas decoradas de piratas. Tamén tiña pulseiras de caramelo.
UUUMMM !!! que rico estaba este tesouro !

Lía Cacabelos Cores    2ºA



domingo, 8 de octubre de 2017

PIRATAS

Nas aulas de 1º e 2º 
algo está a pasar,
serán os piratas
que nos están a abordar?