martes, 20 de febrero de 2018
VOTAMOS ANTES DOS 18
Un dos privilexios de ser maior de idade é poder votar ás persoas que nos gobernan. Nós, adiantámonos uns aniños e fixémolo o pasado xoves día 15.
lunes, 19 de febrero de 2018
O ESCRUTINIO
Chegou o remate final deste proxecto, o último día, o tan esperado ESCRUTINIO.
Xuntámonos todas e todos nunha clase, libreta en man listas e listos para tomar nota de todos os votos.
3,2,1... COMEZAMOS!
Que ben o fixeron as nosas presidentas Irene e Claudia.
Aquí tendes o resultado final. Os equipos gañadores son As Caveiras Piratas en 2º A e, O Barco Barbanegra en 2º B.
Noraboa!!
E como ben din no vídeo, noraboa a todas e todos por ter traballado tanto e tan ben!!
sábado, 17 de febrero de 2018
DÍA DAS ELECCIÓNS
Xoves 15 de Febreiro do 2018, son as 09:15 da mañá, soa o timbre de entrada, subimos o primeiro piso, subimos ao segundo e... TACHÁAAAAAAN! Menuda sorpresa! Todo está preparado para que votemos.
Xa estamos todas e todos: presidenta, vogais e interventoras e interventores. Xa podemos constituir a mesa electoral e facer a correspondente acta.
As e os compañeiras/os de 2º B constitúen a súa mesa e espérannos nerviosas/os. O que non saben é que nós o estamos máis.
Comezamos!
viernes, 16 de febrero de 2018
VISITA DE CONSERVAS CERMAR
Onte tivemos unha visita no cole. Viñéronos contar cousas sobre as conservas do atún.
Explicáronnos como se pesca, como se conserva nos barcos, como se cociña e como o enlatan.
Ao final, nos regalaron dúas latas de Pequetùn. Temos moitas ganas de probalo! Ummmmmm!
Lucas Otero
Mariña Pouso
domingo, 11 de febrero de 2018
MESA ELECTORAL
O resultado do sorteo que fixemos en 2º B para formar parte da mesa electoral é este:
- Presidenta: Claudia Ríos Iglesias
- Vogal 1: Emma Oubiña García
- Vogal 2: Alen Parada Arosa
Suplentes:
- Presidente suplente: Brais Otero Mougán
- Vogal 1 suplente: Mariña Pouso Santiago
- Vogal 2 suplente: Claudia Treviño Cores
Interventores:
- Caveira Negra: Rita Suárez Mosteiro
- O Barco dos Tolos: Vera Parada Otero
- O Barco Barbanegra: Mauro Suárez Romero
- Os Tres Piratas: Eva Piñeiro Iglesias
- As Xoias: Silvia Piñeiro Besada
- Pata de Pau: Hugo Piñeiro Millán
- Presidenta: Claudia Ríos Iglesias
- Vogal 1: Emma Oubiña García
- Vogal 2: Alen Parada Arosa
Suplentes:
- Presidente suplente: Brais Otero Mougán
- Vogal 1 suplente: Mariña Pouso Santiago
- Vogal 2 suplente: Claudia Treviño Cores
Interventores:
- Caveira Negra: Rita Suárez Mosteiro
- O Barco dos Tolos: Vera Parada Otero
- O Barco Barbanegra: Mauro Suárez Romero
- Os Tres Piratas: Eva Piñeiro Iglesias
- As Xoias: Silvia Piñeiro Besada
- Pata de Pau: Hugo Piñeiro Millán
viernes, 9 de febrero de 2018
A MESA ELECTORAL
Hoxe fixemos un sorteo para saber quen formaría parte da mesa electoral.
Este é o resultado:
- Presidenta: Irene Martínez Otero
- Vogal 1: Alén Duro Cores
- Vogal 2: Lía Cacabelos Cores
Os suplentes son:
- Presidenta suplente: Nerea Diz Estrada
- Vogal 1 suplente: Lucía Chazo González
- Vogal 2 suplente: Mariña Cores Vázquez
Os interventores son:
- Barco Pantasma: Cristian Cañón Fernández
- As Caveiras Piratas: Chloé Corrales Viñas
- Os Grumetes de Auga Doce: María Fariña García
- Áncora Negra: Áurea García Otero
- Estrela dos Mares: Mara Gondar Seoane
- As Caveiras Malditas: Cayetana Mouta Nine
O xoves 15 terán lugar AS ELECCIÓNS!
O xoves 15 terán lugar AS ELECCIÓNS!
jueves, 8 de febrero de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
