lunes, 5 de marzo de 2018

ENTROIDO 2018


Este curso, xa que se está a traballar dende a biblioteca un proxecto sobre do cine, eliximos en 1º e 2º a película "Piratas del Caribe" para disfrazarnos, aínda que mais ben fumos de "Carcamáns da Arousa". Pasámolo moi ben no desfile e tamén desfrutamos comendo uns doces típicos do Entroido, que estában boísimos. Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades o guapas e guapos que estábamos. Ao abordaxeeeeee!!!







RETO SEMANAL 1

domingo, 25 de febrero de 2018

ENTREVISTA AS CAVEIRAS PIRATAS

O pasado mércores algunhas alumnas e alumnos de 2º A acudiron á radio. Nesta ocasión fixeron unha entrevista moi especial ao equipo gañador, As caveiras Piratas. 
Se premedes na imaxe podedes escoitar dito programa.


martes, 20 de febrero de 2018

RADIO SEGUNDO B

O luns 19, Os Tres Piratas fixemos unha entrevista ao equipo Barbanegra, que foi o gañador das votacións do pasado xoves. Queredes escoitala? Pois premede aquí.



Luis, Eva, Lucas Otero, Maelys, Brais, Mauro y Claudia Ríos.

VOTAMOS ANTES DOS 18

Un dos privilexios de ser maior de idade é poder votar ás persoas que nos gobernan. Nós, adiantámonos uns aniños e fixémolo o pasado xoves día 15.






lunes, 19 de febrero de 2018

O ESCRUTINIO

Chegou o remate final deste proxecto, o último día, o tan esperado ESCRUTINIO.
Xuntámonos todas e todos nunha clase, libreta en man listas e listos para tomar nota de todos os votos.
3,2,1... COMEZAMOS!


Que ben o fixeron as nosas presidentas Irene e Claudia.
Aquí tendes o resultado final. Os equipos gañadores son As Caveiras Piratas en 2º A e, O Barco Barbanegra en 2º B.
Noraboa!!

E como ben din no vídeo, noraboa a todas e todos por ter traballado tanto e tan ben!!

sábado, 17 de febrero de 2018

DÍA DAS ELECCIÓNS

Xoves 15 de Febreiro do 2018, son as 09:15 da mañá, soa o timbre de entrada, subimos o primeiro piso, subimos ao segundo e... TACHÁAAAAAAN! Menuda sorpresa! Todo está preparado para que votemos.




Xa estamos todas e todos: presidenta, vogais e interventoras e interventores. Xa podemos constituir a mesa electoral e facer a correspondente acta.




As e os compañeiras/os de 2º B constitúen a súa mesa e espérannos nerviosas/os. O que non saben é que nós o estamos máis. 

Comezamos!