domingo, 14 de octubre de 2018

MILLENIAL

Millenial estase facendo visible estes días pola Arousa. Aproveita a oportunidade e durante esta semana fai este exercicio co que conseguirás estar máis preto de capturalo!!


domingo, 30 de septiembre de 2018

AVATARES 3º

A misión que nos encomendou o Capitán Xeral da Brigada de Cazamonstros está rematada. Aquí están os nosos avatares!


 3ºA

3ºB

Seredes capaces de saber quen é cada quen?

domingo, 16 de septiembre de 2018

BENVIDAS E BENVIDOS A TERCEIRO!!

Xa estamos de volta! Temos por diante 9 meses que nos depararán marabillosos acontecementos, novas amizades, novos aprendizaxes, novas ilusións... e todo isto acompañado de moita, moita diversión.
Como sodes nenos e nenas, o que máis nos preocupa ás mestras é que o pasedes ben e disfrutedes todos e cada un dos días que vindes á escola, por iso este ano imos a gamificar, isto é, levar técnicas e dinámicas propias dos xogos a outros espacios, no noso caso, á aula. Para que nos vai servir isto a nós? Para motivalos, para activar a súa aprendizaxe e para que desfruten como o que son, nenas e nenos.
A primeira forma de enganchalos foi a carta que vos chegou ás vosas casas:

Xs están enganchadas/os e queren máis e máis. A seguinte mensaxe chegounos por correo electrónico á escola. Aquí volo amosamos:




Iremos informado os seguintes pasos, estade atentos porque os monstros aínda están soltos!

As titoras

jueves, 7 de junio de 2018

RADIO CARCAMÁN

Onte, mércores 6 de xuño alumnas e alumnos de 2º B visitaron a Radio Carcamán. Queredes escoitar o seu programa? Pois premede na imaxe.


domingo, 3 de junio de 2018

SEMANA 14


The Weather Report!

What is the weather like?, What is the temperature?

This week, we are checking the weather and the temperature in English. WOW

Go to Weather Report For Kids and follow these instructions:



Write your notes in your Weather Chart.


Enjoy!