miércoles, 30 de enero de 2019

E ESTAS GAFAS?

POIS O GORRO NON APARECE POR NINGURES PERO AGORA ANDAN UNHAS GAFAS POLO COLEXIO. 
AS COUSAS APARECEN E DESAPARECEN E NÓS ESTAMOS NERVIOSOS E MOI ESPECTANTES. 
ALGUEN SABE DE QUEN SON?



lunes, 28 de enero de 2019

O gorro desaparecido

Pasamos unha fin de semana de moitos nervios pensando que pasaría co gorro e coa caixa onde o gardamos. Cal foi a nosa sorpresa ao chegar hoxe.

O GORRO NON ESTABA NA CAIXA!!!!



Agora andamos na súa procura. Alguén o viu?

sábado, 26 de enero de 2019

O gorro misterioso


Algo sorprendente está pasando nas aulas de 2º. Un gorro vermello e branco anda polo colexio sen control. Aparece e desaparece en diferentes lugares e non sabemos de quen é. Andamos coma tolos investigando e esta fin de semana deixamos unha trampa na clase a ver se aparece o seu dono. Seguiremos informándovos.

domingo, 13 de enero de 2019

PROXECTO FESTA FIN DE TRIMESTRE

O proxecto deste primer trimestre foi o proceso para a preparación dunha festa para celebrar o fin de trimestre. 
Centrándonos nas áreas de matemáticas e linguas e traballando dun xeito cooperativo os nenos e nenas levaron a cabo actividades como: elaboración dunha carta formal para pedir a aula, medición da aula, facer as invitacións, lista da compra, decálogo de bo comportamento, decoración da aula, lista de xogos, aprender villancicos e inventar as súas coreografías...


O día 20 de decembro celebramos por fin a nosa festa. Este foi o resultado:

SANTA CLAUS LLEGÓ A LA CIUDAD

MI BURRITO SABANERO

EL ABETO ESTÁ VACÍO

EL ARBOLITO

NAVIDAD ROCK


A actividade do amigo invisible foi a máis emotiva de todas. Repartíronse as bolas para colgar das súas árbores de Nadal. 


Esperamos que vos guste!!

viernes, 23 de noviembre de 2018

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe todas as alumnas e alumnos do cole xuntámonos para gritar que non queremos máis violencia. 
Para demostrar a cantidade de palabras fermosas que hai fixemos o abecedario da non violencia.
Entre as múltiples opcións que había, escollimos estas:


Recordamos ademais o número de teléfono para atención de persoas maltratadas.


Cantamos tamén para finalizar este emotivo acto, a canción de Melendi "Déjala que baile".


miércoles, 21 de noviembre de 2018

SAMAÍN EN 2º B

EN 2º  PASÁMOLO DE MEDO FESTEXANDO O SAMAÍN. GUSTOUNOS MOITO VIR MAQUILLADOS E ASUSTAR AOS COMPAÑEIROS/AS COAS NOSAS TREMENDAS CABAZAS.





ADEMAIS PUXÉMONOS AS BOTAS COMENDO UNHA MOREA DE POSTRES TERRORÍFICOS. ESTABAN BEN BÓS!