lunes, 4 de febrero de 2019

O QUE LIBRIA NON CONSIGA...

POIS SÍ, ESCOITASTES BEN. LIBRIA CONSEGUIU CONTACTAR CON WALLY E FÍXOLLE CHEGAR A NOSA CARTA.
HOXE VOLVEU VISITAR AS AULAS DE 2º E TRÓUXONOS A RESPOSTA DE WALLY ADEMAIS DE UNHA MOREA DE AGASALLOS.



TOLEAMOS CANDO VIMOS QUE NOS RESPONDERA...


LEMOS A SÚA CARTA MOI ATENTOS...



DECIDIMOS PARTICIPAR NOS RETOS DE WALLY.

O PRIMEIRO É ATOPALO NOS LIBROS QUE NOS DEIXOU.

SEREMOS CAPACES? 
SEGURO QUE COS DOCES QUE NOS MANDOU TEREMOS ENERXÍA DE SOBRA PARA INTENTALO. 

 VOS QUE CREDES?









domingo, 3 de febrero de 2019

Apareceu o dono do gorro e as gafas

Esta semana tivemos nova sorpresa. Á nosa aula chegou unha carta.


Descubrimos a quen pertencían os obxectos que nos tiñan tolos esta tempada.



Decidimos axudalo devolvéndolle as súas pertenzas e mandándolle unha carta.


O problema foi que non tiñamos a dirección postal de Wally. Os nenos de 6º déronnos unha pista: "Se alguén coñece a Wally, esa é Libria, a mascota da nosa biblioteca". 

E alá fomos...





Agora a esperar que Libria lle faga chegar a Wally a nosa carta. Seguiremos informando. 

miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DA PAZ

HOXE, 30 DE XANEIRO, FESTEXAMOS O DÍA DA PAZ.

COÑECEMOS O CONTO "OS NENOS NON QUEREN A GUERRA", ESCRIBIMOS DESEXOS PARA O TREN DA PAZ, COÑECEMOS "O GUERNICA" E ACABAMOS CANTANDO E BAILANDO A CANCIÓN "HECHO CON TUS SUEÑOS" DE MALDITA NEREA.

O MELLOR DO DÍA FOI XUNTARNOS PARA COMER FLOCOS DE MILLO. ENCANTOUNOS PENSAR QUE ERAN POMBIÑAS DA PAZ E QUE AO COMELAS IAMOS ESTAR TODOS MÁIS TRANQUILOS. 

ESTABAN BOÍSIMAS!






















E ESTAS GAFAS?

POIS O GORRO NON APARECE POR NINGURES PERO AGORA ANDAN UNHAS GAFAS POLO COLEXIO. 
AS COUSAS APARECEN E DESAPARECEN E NÓS ESTAMOS NERVIOSOS E MOI ESPECTANTES. 
ALGUEN SABE DE QUEN SON?



lunes, 28 de enero de 2019

O gorro desaparecido

Pasamos unha fin de semana de moitos nervios pensando que pasaría co gorro e coa caixa onde o gardamos. Cal foi a nosa sorpresa ao chegar hoxe.

O GORRO NON ESTABA NA CAIXA!!!!



Agora andamos na súa procura. Alguén o viu?

sábado, 26 de enero de 2019

O gorro misterioso


Algo sorprendente está pasando nas aulas de 2º. Un gorro vermello e branco anda polo colexio sen control. Aparece e desaparece en diferentes lugares e non sabemos de quen é. Andamos coma tolos investigando e esta fin de semana deixamos unha trampa na clase a ver se aparece o seu dono. Seguiremos informándovos.

domingo, 13 de enero de 2019

PROXECTO FESTA FIN DE TRIMESTRE

O proxecto deste primer trimestre foi o proceso para a preparación dunha festa para celebrar o fin de trimestre. 
Centrándonos nas áreas de matemáticas e linguas e traballando dun xeito cooperativo os nenos e nenas levaron a cabo actividades como: elaboración dunha carta formal para pedir a aula, medición da aula, facer as invitacións, lista da compra, decálogo de bo comportamento, decoración da aula, lista de xogos, aprender villancicos e inventar as súas coreografías...


O día 20 de decembro celebramos por fin a nosa festa. Este foi o resultado:

SANTA CLAUS LLEGÓ A LA CIUDAD

MI BURRITO SABANERO

EL ABETO ESTÁ VACÍO

EL ARBOLITO

NAVIDAD ROCK


A actividade do amigo invisible foi a máis emotiva de todas. Repartíronse as bolas para colgar das súas árbores de Nadal. 


Esperamos que vos guste!!