sábado, 16 de noviembre de 2019

O MAGOSTO

Óscar, Mara, Yanira, Carlos, Eloy e Áurea investigaron sobre o Magosto. Fixeron un moi bó traballo e foron á radio para contarllo ao resto doas e dos compañeiras/os.
Premede na imaxe e buscade o programa!




Esperamos que vos guste.

viernes, 8 de noviembre de 2019

O CEMITERIO DE MADFRET

Hoxe, un grupo de alumnas e alumnos de 4º A foron á radio a contar un conto inventado por eles sobre o Samaín.

O conto chámase "O cemiterio de Madfret"
Premede na imaxe e buscade o audio que leva ese nome.

Espero que vos guste, está con moita ilusión.


jueves, 7 de noviembre de 2019

O COLEXIO TERRORIFICO

Hoxe imos falar das portas e corredores do colexio.
Están decorados polos alumnos/as e mestres/as de cada aula con monstros ,pantasmas...
Aquí tendes as fotos dalgunhas aulas de primaria. 


E os corredores tamén están moi ben decorados e terroríficos.


Esperamos que vos haxa aterrorizado moitisimo, adeus!

Equipo 2 Mariña, Nerea, Chloé Rafa e Alén

lunes, 4 de noviembre de 2019

EXPERTOS EN ARTE RUPESTRE

A semana pasada, Emma entrevistou a Vera, Gael e Pablo, compañeira e compañeiros de 4ºB, que estiveron investigando sobre a arte rupestre da Cova de Tito Bustillo. Queredes escoitar as cousas que descubriron? Pois, premede na imaxe e, escoitade, escoitade!



miércoles, 30 de octubre de 2019

A ENTREVISTA DE ALYSSA

Ola somos Lucia, Lía, Iker, Cristian, Manuela e Manuel da clase de 4ºA.
O luns fumos a radio carcaman a entrevistar a Alyssa. 
Premede na imaxe para escoitar a entrevista.

                         

sábado, 26 de octubre de 2019

SCRATCH

Bo día:
As vosas fillas e os vosos fillos xa levan unhas semanas utilizando linguaxe de programación. Xa case o teñen todo controlado!
Para continuar avanzando na súa aprendizaxe, nas próximas semanas comezaremos a programar con Scratch.
Para iso, as mestras precisamos da vosa axuda:
1º. Premede na seguinte imaxe para acceder á páxina de Scratch.

2º. Escollemos a opción "Únete a Scratch"
3º. Completade da seguinte maneira:
4º. Unha vez cuberto dades a seguinte e continuades cubrindo o que vos pide.

Precisamos que o fagades vós xa que tendes que poñer o voso e-mail como pais/nais.

Moitas grazas!

Iremos ensinando os nosos progresos.


viernes, 25 de octubre de 2019

OS ÁNGULOS PERDIDOS POLO COLE

Ola familias! Comezamos un novo curso escolar.
Os da clase de  4ºA comezamos o curso coa temática dos ángulos. Cada  grupo da clase fixo uns carteis con todos os tipos de ángulos: obtuso, completo, llano, recto e agudo. 
Aquí vos deixamos os carteis:

O grupo 1 (Lía, Manuel, Iker, Manuela, Lucia e Cristian) fixo abanicos.

O grupo 2 (Chloe, Alen, Rafa, Nerea, Mariña, e María) fixo comecocos.

O noso grupo (Áurea,Yanira, Óscar, Carlos e Eloy) fixo mandalas.

O grupo 4  (Cayetana, Irene, Gabriela, Pablo e  Erik) fixo os bonecos.


Esperamos que aprenderades moito.Ata logo compis.