Se premedes na seguinte imaxe e buscades o programa que se chama O Entroido escoitaredes o noso programa de radio .
viernes, 28 de febrero de 2020
viernes, 14 de febrero de 2020
Ola chicos e chicas, nós somos Eloy, Áurea, Manuela, Iker, Irene, e Rafa e na nosa clase estamos aprendendo a describir paisaxes. Aquí temos unha foto dunha paisaxe da praia do Faro e imos describila.
Esta paisaxe é de costa baixa,
sitúase na Illa de Arousa na praia do Faro.
É unha
paisaxe fermosa, e a súa praia é natural con algúns elementos artificiais. Ao
fondo vese un faro de cor branco, co teito de cor laranxa. O Faro tamén é
un restaurante. Ao lado do Faro hai un almacén gris. Para subir e baixar
ao Faro hai un camiño de pedra con herba verde. Máis adiante hai auga
cristalina e vense pedras que saen á superficie. A area é de un amarelo moi
claro.
En
primeiro plano hai unha barca marrón recién pintada. Á dereita pon o nome da
barca que se chama Sandrita, que bonito nome lle puxeron. A barca esta
enriba da herba verde escura e alta con algunhas flores. Dentro da barca hai
uns asentos marróns e uns remos tamén marróns.
O que máis destaca
desta foto e a auga cristalina e o Faro porque son moi fermosos.
A nosa sensación é de
alegría porque é un sitio moi natural , escóitanse paxaros, a brisa; é moi
relaxante.
A nosa opinión e
que esta paisaxe é moi fermosa.
Esperamos que vos
gustara a nosa descrición.
miércoles, 5 de febrero de 2020
O DÍA DA PAZ
Os nenos e nenas de 4ºA este ano quixemos facer algo orixinal, entón ocurríusenos facer unha pomba da paz con papel. Aprendemos a facelas na nosa casa vendo videos en Youtube para logo grabar o video.
Aqui tendes o resultado:
Esto foi o que fixeron os nenos e nenas de 4ºA do equipo 3 esta semana.
Os integrantes de este equipo son: Nerea, Alén, María, Yanira, Pablo e Lía.
martes, 28 de enero de 2020
A HORTA DE ALINE
Un novo curso o alumnado do C.E.I.P Torre-Illa comezou a traballar na Horta de Aline.
No mes de novembro iniciamos o traballo que levaremos a cabo ao longo do curso.
A nosa primeira tarea consistíu en preparar o terréo coa axuda de Aline que nos axudou a sacar as malas herbas, arar e remover o terréo.
O primeiro que prantamos foron repolos, coliflores, allos, cebolas vermellas, porros e , por último, esta semana patacas.
Esta semana tamén viñeron duas mestras composteiras a explicarnos como funciona o composteiro. Se queredes saber como se fai, seguide leendo.
Primeiro explicáronnos que había que colocarlle unha malla metálica con buratiños pequenos para que non entraran os ratos, pero si o poidan facer os bichiños pequenos, como por exemplo, as lombrigas.

A continuación botamos unha capa de follas secas dentro do composteiro para facer unha cama mullidiña sobre a que comezar a botar os restos orgánicos.

No outro composteiro, no que xa comenzaran antes os compañeiros e compañeiras a botar restos orgánicos, introduxemos un termómetro para ver a súa temperatura, e puidemos ver que como había pouca materia orgánica, non subeu moito.
Nun tempo volveremos a probar e seguro que a temperatura sube moito máis.
O seguinte paso foi botar restos orgánicos como mondas e pepitas das froitas que tomamos na merenda.
Despois con outro utensilio que se chama aireador, remeximos todo.
E por último botamos follas secas para tapar e regamos un pouco.

Agora temos que seguir enchendo os composteiros cos restos que vaimos xerando nas nosas merendas.
Animádevos!
Claudia Ríos, Alén, Emma e Mauro.
viernes, 20 de diciembre de 2019
BO NADAL
As alumnas e alumnos de cuarto queremos desexarvos con este vídeo unhas felices festas e un próspero ano novo!!!
BO NADAL!!!
lunes, 16 de diciembre de 2019
TRIÁNGULOS EQUILÁTEROS
Bos días, somos Silvia, Lucas, Nagore e Maelys de 4ºB e fixemos un vídeo explicando como facer triàngulos equiláteros.
Se queredes aprender a facelos, premede nel para velo.
Esperamos que vos guste.
martes, 3 de diciembre de 2019
CONMEMORACIÓNS
O grupo formado por Lucía, Manuel, Lía, Cristian, Manuela e Iker contaron na radio a forma en que celebramos no cole o Día dos dereitos dos nenos e o Día contra a violencia de xénero.
Premeda na imaxe para acceder ao blog da radio e buscade o programa que se chama "Conmemoracións".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)