lunes, 16 de marzo de 2020

CORONAVIRUS

Bos días!

Nestes días tan difíciles para todos, a humanidade necesita de todos e todas vos, que sodes Superheroes e Superheroínas. E, como ides axudar?, pois logo de ver o seguinte vídeo PREME AQUÍ, elaboraredes un cartel informativo no que se vexan contestadas as seguintes preguntas:

- Que é o Covid-19?
- Onde e cando se orixinou?
- Cales son os síntomas?
- Como podemos protexernos?  
- Teléfono de información.

Por suposto, podedes respostalas con texto, con debuxos ou coas dúas cousas. 
Podedes colocalo nun lugar visible da casa e, lembrade que canto máis colorido sexa, maís visible será.

Non vos olvidedes tampouco de facer un debuxo de Covid-19. Aquí tendes un exemplo, pero podedes buscar outro se queredes.

O cartel o podedes facer a man ou en Canva, o que vos pareza mellor.
Ademais se sacades unha foto ao cartel que fagades e o mandades ao correo (navegandoentrecons@gmail.com) as podemos subir e así todos desfrutamos das creacións de todos e todas.

Ata logo Superheroes e Superheroínas!

sábado, 14 de marzo de 2020

ACTIVIDAD LENGUA 1

¡Buenos días! La siguiente actividad consiste en:

1º) Copiar en la libreta de Lengua Castellana, sin faltas de ortografía, el siguiente poema de Gloria Fuertes. El título en mayúsculas y en color.




2º) Rodear los artículos determinados de rojo, los artículos indeterminados de azul, los sustantivos de naranja y los verbos de verde. ¿Ves algún determinante posesivo? Solamente hay uno. Si lo encuentras, enciérralo dentro de un cuadrado del color que quieras.

3º) Por último, hacer un dibujo utilizando todos los colores, como dice Gloria Fuertes, en el que se vea reflejado lo que dice el poema.

- No os olvidéis de la buena letra y de la presentación.

¡Hasta luego peques!






ACTIVIDADE LINGUA 1

Boas Super Eolos e Mega Turbinas!
Sóavos de algo esta paisaxe? Poi si, é unha paisaxe da Illa de Arousa. Seguide lendo para saber que tendes que facer con ela.


Esta vai ser a primeira tarefa de lingua:
- Realizaredes nas vosas libretas de Lingua Galega unha descrición desta paisaxe tan fermosa. 

- Lembrade seguir todos os puntos para facela:
   1º) Un parágrafo no que expliquedes que é esta imaxe, onde está   sacada e como é a mesma (adxectivos)
    2º) Explicamos detalladamente a imaxe comezando polo fondo
 ata o primeiro plano.
    3º) Centramos a nosa atención en algo da imaxe.
   4º) Que sentimentos nos proporciona? Cal é a nosa opinión sobre este lugar?

- Non esquezades a boa presentación e a boa letra.

Moito ánimo e bicos das vosas mestras. 

viernes, 13 de marzo de 2020

ACTIVIDADE MATE 1

Ola! Xa sabedes que estes días traballaremos virtualmente. As mestras iremos subindo actividades de repaso do que demos este trimestre. Iredes facendo as actividades nas vosas libretas . Non aproveitedes que non vos vemos para facer mala letra eh!
A primeira actividade é a seguinte:



O que hai que facer é dicir por que formas esta feito cada debuxo. 
Comezaredes así:
* COHETE:
- Triángulo gris.
- Cuadrado rojo.
....

E así con todos os debuxos. Non tendes que copiar o debuxo na vosa libreta se non queredes pero se queredes..., adiante! Non esquezades utilizar a regra.

Seguimos en contacto!
Cuidádevos moito que pronto pasará todo isto e volveremos a vernos.

viernes, 28 de febrero de 2020

O ENTROIDO

Se premedes na seguinte imaxe e buscades o programa que se chama  O Entroido  escoitaredes o noso programa de radio .

h


viernes, 14 de febrero de 2020

Ola chicos e chicas, nós somos Eloy, Áurea, Manuela, Iker, Irene, e Rafa e na nosa clase estamos aprendendo a describir paisaxes. Aquí temos unha foto dunha paisaxe da praia do Faro e imos describila.



Esta paisaxe é de costa baixa, sitúase na Illa de Arousa na praia do Faro.
É unha paisaxe fermosa, e a súa praia é natural con algúns elementos artificiais. Ao fondo vese un  faro de cor branco, co teito de cor laranxa. O Faro tamén é un restaurante. Ao lado do Faro hai un almacén gris. Para subir e baixar ao Faro hai un camiño de pedra con herba verde. Máis adiante hai auga cristalina e vense pedras que saen á superficie. A area é de un amarelo moi claro. 
En primeiro plano hai unha barca marrón recién pintada. Á dereita pon o nome da barca que se chama Sandrita,  que bonito nome lle puxeron. A barca esta enriba da herba verde escura e alta con algunhas flores. Dentro da barca hai uns asentos marróns  e uns remos tamén marróns.
O que máis destaca desta foto e a auga cristalina e o Faro porque son moi fermosos.
A nosa sensación é de alegría porque é un sitio moi natural , escóitanse paxaros, a brisa; é moi relaxante.
A nosa opinión e que esta paisaxe é moi fermosa.

Esperamos que vos gustara a nosa descrición.


miércoles, 5 de febrero de 2020

O DÍA DA PAZ

Os nenos e nenas de 4ºA  este ano quixemos facer algo orixinal, entón ocurríusenos facer unha pomba da paz con papel. Aprendemos a facelas na nosa casa vendo videos en Youtube para logo grabar o video.
Aqui tendes o resultado:




Esto foi o que fixeron os nenos e nenas de 4ºA  do equipo 3 esta semana.
Os integrantes de este equipo son: Nerea, Alén, María, Yanira, Pablo e Lía.