miércoles, 18 de marzo de 2020

ENLACES

Ola de novo rapaces e rapazas!

O día ten moitas horas e non sempre pasan rápido. Por iso, se queredes practicar un pouco máis con xogos online podedes facelo premendo aquí. Hai actividades de mate e de lingua. Esta páxina a iremos actualizando a medida que atopemos xogos que vos poidan gustar.
Recordade que no cole estamos cinco horas e traballamos moito; non perdades o ritmo por culpa do coronavirus.
En todas as entradas que vaiamos facendo poremos o enlace ao final por si queredes traballar un pouco máis.
Recordade tamén que podedes enviarnos emails se tendes algunha dúbida, se queredes máis traballo ou, simplemente para contarnos que tal o día.

OPERACIONES CON COVID-19

¡Buenos días! Hoy vamos a hacer unos cálculos con los datos que fueron apareciendo estos tres últimos días sobre Covid-19. Sabemos que una de sus características más importantes es la facilidad de contagio que tiene y la velocidad con la que está expandiendo. 



   
   Cifras del 17/03/2020 

¡Vamos a calcular! 
- Copia cada pregunta en la libreta de Mate.
- No te olvides de los pasos que utilizamos para resolver un problema: datos, operación y solución 
- Si el problema tiene más de una pregunta recuerda poner datos, operación y solución por cada pregunta. 
- Recordad que las cosas ordenadas y bien presentadas se entienden mejor.

1º) ¿Cuántos casos nuevos aparecieron en España desde el día 15 al 16? ¿Y en Europa? ¿Y en el mundo?

2º) ¿Cuántos casos nuevos aparecieron en España desde el día 15 al 17? ¿Y en Europa? ¿Y en el mundo?

3º) ¿Cuántos casos nuevos aparecieron en España desde el día 16 al 17? ¿Y en Europa? ¿Y en el mundo?

4º) En España hay 17 comunidades autónomas. Imagina que el número de casos fuese igual en todas ellas. Mira la última cifra de casos confirmados y calcula cuántos habría en cada comunidad.

5º) Calcula la diferencia de casos confirmados en el mundo y en España de tres formas distintas: resta normal, escalera ascendente y escalera descendente. Hazlo solo con los datos del día 17. 

6º) ¿Eres capaz de escribir los números que aparecen en números romanos?

Recordad que un día más de confinamiento es un día menos para vernos.
Ánimo peques, lo estáis haciendo genial.

martes, 17 de marzo de 2020

ACTIVIDADE SOCIAIS

Ola!! Como estades levando a cuarentena? Tendes que ter algo de paciencia, sabemos que é duro non poder saír da casa e non xogar cos vosos compañeiros e compañeiras. A verdade é que as mestras botámosvos un montón de menos, de aí a actividade que vos propoñemos hoxe.

Que vos parece si cada un de vós se grava un vídeo co móbil ou un audio explicando a parte que lle corresponde do traballo das paisaxes?
Non vos preocupedes porque o que vos tocou non vaia todo seguido, xa nos encargamos nós de ordenalo e que quede un vídeo ben chulo. 
Se mandades todos a vosa parte, nós crearemos o vídeo e o subiremos aquí para que vexades o traballo dos demais.
Desta forma podedes vervos entre vós e que pareza que a distancia é máis curtiña.

Moitos bicos e apertas!!

lunes, 16 de marzo de 2020

CORONAVIRUS

Bos días!

Nestes días tan difíciles para todos, a humanidade necesita de todos e todas vos, que sodes Superheroes e Superheroínas. E, como ides axudar?, pois logo de ver o seguinte vídeo PREME AQUÍ, elaboraredes un cartel informativo no que se vexan contestadas as seguintes preguntas:

- Que é o Covid-19?
- Onde e cando se orixinou?
- Cales son os síntomas?
- Como podemos protexernos?  
- Teléfono de información.

Por suposto, podedes respostalas con texto, con debuxos ou coas dúas cousas. 
Podedes colocalo nun lugar visible da casa e, lembrade que canto máis colorido sexa, maís visible será.

Non vos olvidedes tampouco de facer un debuxo de Covid-19. Aquí tendes un exemplo, pero podedes buscar outro se queredes.

O cartel o podedes facer a man ou en Canva, o que vos pareza mellor.
Ademais se sacades unha foto ao cartel que fagades e o mandades ao correo (navegandoentrecons@gmail.com) as podemos subir e así todos desfrutamos das creacións de todos e todas.

Ata logo Superheroes e Superheroínas!

sábado, 14 de marzo de 2020

ACTIVIDAD LENGUA 1

¡Buenos días! La siguiente actividad consiste en:

1º) Copiar en la libreta de Lengua Castellana, sin faltas de ortografía, el siguiente poema de Gloria Fuertes. El título en mayúsculas y en color.




2º) Rodear los artículos determinados de rojo, los artículos indeterminados de azul, los sustantivos de naranja y los verbos de verde. ¿Ves algún determinante posesivo? Solamente hay uno. Si lo encuentras, enciérralo dentro de un cuadrado del color que quieras.

3º) Por último, hacer un dibujo utilizando todos los colores, como dice Gloria Fuertes, en el que se vea reflejado lo que dice el poema.

- No os olvidéis de la buena letra y de la presentación.

¡Hasta luego peques!






ACTIVIDADE LINGUA 1

Boas Super Eolos e Mega Turbinas!
Sóavos de algo esta paisaxe? Poi si, é unha paisaxe da Illa de Arousa. Seguide lendo para saber que tendes que facer con ela.


Esta vai ser a primeira tarefa de lingua:
- Realizaredes nas vosas libretas de Lingua Galega unha descrición desta paisaxe tan fermosa. 

- Lembrade seguir todos os puntos para facela:
   1º) Un parágrafo no que expliquedes que é esta imaxe, onde está   sacada e como é a mesma (adxectivos)
    2º) Explicamos detalladamente a imaxe comezando polo fondo
 ata o primeiro plano.
    3º) Centramos a nosa atención en algo da imaxe.
   4º) Que sentimentos nos proporciona? Cal é a nosa opinión sobre este lugar?

- Non esquezades a boa presentación e a boa letra.

Moito ánimo e bicos das vosas mestras. 

viernes, 13 de marzo de 2020

ACTIVIDADE MATE 1

Ola! Xa sabedes que estes días traballaremos virtualmente. As mestras iremos subindo actividades de repaso do que demos este trimestre. Iredes facendo as actividades nas vosas libretas . Non aproveitedes que non vos vemos para facer mala letra eh!
A primeira actividade é a seguinte:



O que hai que facer é dicir por que formas esta feito cada debuxo. 
Comezaredes así:
* COHETE:
- Triángulo gris.
- Cuadrado rojo.
....

E así con todos os debuxos. Non tendes que copiar o debuxo na vosa libreta se non queredes pero se queredes..., adiante! Non esquezades utilizar a regra.

Seguimos en contacto!
Cuidádevos moito que pronto pasará todo isto e volveremos a vernos.