lunes, 23 de marzo de 2020

POR LAS ALTURAS / EDIFICIOS DEL MUNDO

¡Buenos días! La semana pasada empezamos a hacer un trabajo por grupos con las alturas de diferentes edificios y construcciones del mundo y por culpa de un virus retorcido, no lo pudimos terminar. No vamos a dejar que nos venza, así que, vamos a terminar con el trabajo que empezamos, aunque sea de una forma un poco diferente.

¡Vamos allá!
Aquí tenéis una tabla con diferentes edificios y construcciones del mundo.


Lo que tenéis que hacer es lo siguiente:

1º) En la libreta de Mate, escribir el nombre del edificio o construcción en mayúsculas.

2º) Buscar dónde está situado, el pueblo, la ciudad, el país y el continente y escribirlo debajo.

3º) Buscar la altura que tiene y escribirlo debajo de lo anterior.

EJEMPLO:
CEIP TORRE-ILLA
Illa de Arousa - Pontevedra - Galicia - España -  Europa
12,8m

Dentro de unos días seguiremos trabajando con todos esos datos que tenéis que buscar. 

Y, a partir de hoy, además de los enlaces para que juguéis os vamos a poner un regalito en cada entrada. Serán canciones, vídeos... cualquier cosa que os haga pasar esta cuarentena de la mejor forma posible.

Y en el siguiente gif, que recibió la profe Fátima y le hizo mucha ilusión tenéis el regalito de hoy:



¡Muchos besos peques!  ¡Feliz viaje por el mundo!


domingo, 22 de marzo de 2020

BIBLIOTECA


Bos días de novo! Hoxe temos tamén un encargo de Libria.

O 21 foi o día da poesía, por iso, de forma voluntaria, tendes unha actividade no blog da biblio do cole. Na barra da dereita tendes unha imaxe de Libria. Se picades nela iredes directamente ao seu blog e alí, ela mesma, contaravos de que vai a actividade.
Nós iremos mirando ese blog por se alguén se animou a facer a actividade.

Un saúdo e moita paciencia!!

viernes, 20 de marzo de 2020

LIBROS DE LECTURA

Bos días!! 😊

A actividade proposta para hoxe e para o fin de semana é diferente para 4ºA e para 4ºB xa que cada clase está lendo un libro diferente. Aí van:



4ºA: O QUE NUNCA CHE CONTARON
Lede o capítulo III e despois respondedes estas preguntas na libreta de lingua. Intentade no mirar polo libro pero, se algunha non vos acorda podedes consultalo.
Copiamos as preguntas en negro e respondemos en azul, vale? As preguntas son as seguintes:

  1. Cal foi o primeiro invento de Ferguson?
  2. Que pediu como cobro do mesmo?
  3. Que pediu a cambio pola idea da roda?
  4. E polo arado?
  5. E polo barco de vela?
  6. Cal foi a idea que lle deu aos irmáns Wright?
  7. En que lle axudou a Colon?
  8. Cal foi o prezo?

E aquí tendes o traballo do capítulo III. Se tendes folios na casa o podedes facer do mesmo xeito que os anteriores, utilizando medio folio para cada exercicio. se non tendes folio, o faredes do mesmo xeito pero cunha folla da libreta. Os exercicios do traballo son:
  1. Portada
  2. Pensa nun invento práctico para ter na aula (un afía que afía soa, un robot recolledor de cadernos...). Debúxao e explica o seu funcionamento.
  3. No capítulo falan dunha pintura rupestre. Fai o debuxo. Recorda as cores que se usaban naquela época.
  4. Vendo o prezo que Ferguson pedía polas ideas, imaxina o que pediría a cambio cando axudou a crear:
           - un boli:
           - unha taza:
           - os pantalóns:
           - o coche:
           - o móbil:
           - a pelota:
           - o periódico:
           - o espello:
           - a lavadora:

Recordade que esta actividade é para hoxe e todo o fin de semana, non a fagades á presa que hai tempo.
Sede curiosiños e facede un bo traballo.



4ºB: BRUXA E FAMILIA


Bos días! Logo de ler os capítulos III e IV, na libreta de Lingua Galega contestaredes as seguintes preguntas:



IMPORTANTE:

- Antes de empezar a facer esta actividade, le todo ata o final e logo vai facendo as diferentes tarefas por partes.
- Procura non mirar polo libro.
- Copia as preguntas en negro e as respontas fainas en azul. 
- Fai un título no que se vexa o título do libro e o capítulo.


CAPÍTULO III

1ª) Que animal é Sétima e como é?
2ª) Que fai Bruxa cando atopa unha araña?
3ª) Por que se sorprendeu Bruxa ao contarlle as patas a Sétima?
4ª) Ata onde chega a tea de Sétima e cal é a súa cualidade?
5ª) Para quen é unha trampa mortal a tea? Que animal é?
6ª) Na casa de Bruxa hai outra araña. Como se chama e en que se diferencia de Sétima?

CAPÍTULO IV

1ª) Explica coas túas palabras o significado da seguinte frase: " No verán, as moscas son as donas da casa."
2ª) En que época desaparecen as moscas e que fan para despedirse?
3ª) Por que son útiles as moscas?
4ª) Que é o que máis divirte á mosca de inverno?
5ª) Que pode ocurrir se esmagas unha mosca?
6ª) Bruxa pensa en poñer un aviso sobre a presenza de Cornucopia. Que quere poñer nel?



Agora vas continuar co traballo que estabas a facer.

Primeiro elabora a portada dos dous capítulos na mesma cuartilla, coma nos capítulos anteriores.

CAPÍTULO III: SÉTIMA

1º) Fai un resumo no que fales de todo o que aconteceu no capítulo.
2º) Debuxa a Sétima e a Catrovecesdúas mantendo unha conversa e ten coidado coas súas patas.

CAPÍTULO IV: CORNUCOPIA

1º) Elabora un resumo.
2º) Xa descubriches que ás moscas encántalles pensar. Debuxa a Cornucopia tendo seis pensamentos, por exemplo: sobre a vida na casa de Bruxa, sobre que faría se fose outro animal, se vivise noutro lugar...
3º) Fai un conxuro para evitar que as moscas se poñan pesadas ou para que desaparezan da túa casa. Pensa tamén unha poción máxica con todos os ingredientes que vas a utilizar e a súa elaboración.   


Recordade que esta actividade é para hoxe e todo o fin de semana, non a fagades á presa que hai tempo.
Sede curiosiños e facede un bo traballo.





E recordade, se queredes xogar, premede no ordenador.


jueves, 19 de marzo de 2020

ACTIVIDADE LINGUA 2

Bos días! Hoxe toca traballar as palabras polisémicas e ides facer a  actividade na libreta de Lingua galega.


1º) Elixe 10 palabras polisémicas das que tes na libreta e escribe unha oración con cada un dos significados que teña a palabra. (Unha en cada pauta)

EXEMPLO:
- Rato:
Hai un rato moi pequeniño comendo un anaco de queixo.
Mestra! O rato non me funciona!!

2º) Escollede agora outras 10 palabras e facede un debuxo de cada un dos significados que teña.

EXEMPLO: 
- Rato:

                  Animal           Do ordenador

Moi sinxeliño, verdade? Poi imos aló!

Veña, que xa queda menos! Biquiños e apertas.


E recordade, se queredes xogar:
ENLACES

miércoles, 18 de marzo de 2020

ENLACES

Ola de novo rapaces e rapazas!

O día ten moitas horas e non sempre pasan rápido. Por iso, se queredes practicar un pouco máis con xogos online podedes facelo premendo aquí. Hai actividades de mate e de lingua. Esta páxina a iremos actualizando a medida que atopemos xogos que vos poidan gustar.
Recordade que no cole estamos cinco horas e traballamos moito; non perdades o ritmo por culpa do coronavirus.
En todas as entradas que vaiamos facendo poremos o enlace ao final por si queredes traballar un pouco máis.
Recordade tamén que podedes enviarnos emails se tendes algunha dúbida, se queredes máis traballo ou, simplemente para contarnos que tal o día.

OPERACIONES CON COVID-19

¡Buenos días! Hoy vamos a hacer unos cálculos con los datos que fueron apareciendo estos tres últimos días sobre Covid-19. Sabemos que una de sus características más importantes es la facilidad de contagio que tiene y la velocidad con la que está expandiendo. 



   
   Cifras del 17/03/2020 

¡Vamos a calcular! 
- Copia cada pregunta en la libreta de Mate.
- No te olvides de los pasos que utilizamos para resolver un problema: datos, operación y solución 
- Si el problema tiene más de una pregunta recuerda poner datos, operación y solución por cada pregunta. 
- Recordad que las cosas ordenadas y bien presentadas se entienden mejor.

1º) ¿Cuántos casos nuevos aparecieron en España desde el día 15 al 16? ¿Y en Europa? ¿Y en el mundo?

2º) ¿Cuántos casos nuevos aparecieron en España desde el día 15 al 17? ¿Y en Europa? ¿Y en el mundo?

3º) ¿Cuántos casos nuevos aparecieron en España desde el día 16 al 17? ¿Y en Europa? ¿Y en el mundo?

4º) En España hay 17 comunidades autónomas. Imagina que el número de casos fuese igual en todas ellas. Mira la última cifra de casos confirmados y calcula cuántos habría en cada comunidad.

5º) Calcula la diferencia de casos confirmados en el mundo y en España de tres formas distintas: resta normal, escalera ascendente y escalera descendente. Hazlo solo con los datos del día 17. 

6º) ¿Eres capaz de escribir los números que aparecen en números romanos?

Recordad que un día más de confinamiento es un día menos para vernos.
Ánimo peques, lo estáis haciendo genial.

martes, 17 de marzo de 2020

ACTIVIDADE SOCIAIS

Ola!! Como estades levando a cuarentena? Tendes que ter algo de paciencia, sabemos que é duro non poder saír da casa e non xogar cos vosos compañeiros e compañeiras. A verdade é que as mestras botámosvos un montón de menos, de aí a actividade que vos propoñemos hoxe.

Que vos parece si cada un de vós se grava un vídeo co móbil ou un audio explicando a parte que lle corresponde do traballo das paisaxes?
Non vos preocupedes porque o que vos tocou non vaia todo seguido, xa nos encargamos nós de ordenalo e que quede un vídeo ben chulo. 
Se mandades todos a vosa parte, nós crearemos o vídeo e o subiremos aquí para que vexades o traballo dos demais.
Desta forma podedes vervos entre vós e que pareza que a distancia é máis curtiña.

Moitos bicos e apertas!!