Xa que estamos traballando os adxectivos, que mellor forma de traballalos que usándoos para describirnos a nós mesmos?
Aquí tendes un exemplo das vosas mestras para que vos fagades unha idea do que hai que facer.
FÁTIMA JULIANA
Todas e todos temos algo no que mellorar,no caso da profe Fátima, os deberes que pon algúns días e no caso da profe Juliana o moito que fala!
Para que esta noite de Samaín as meigas fagan o seu traballo, imos escribirlle un conxuro para que fagan o milagro.
Agora é o voso turno. Escribide un conxuro sobre vós mesmas/os na libreta ou nun folio. Na clase faremos un cartel ben chulo con el.
FELIZ SAMAÍN!!!