jueves, 8 de diciembre de 2022

VISITA ILLA

Onte fixemos unha saída pola Illa e a primeira parada foi a confraría, na que visitamos a aula de interpretación "O Canto do Mar".
Aí puidemos ver os diferentes tipos de ameixas que se recollen na Illa, utilizamos os calibres para ver os tamaños permitidos de captura, vimos uns vídeos das especies que se capturan na nosa ría, explicáronnos como se utilizaban diferentes aparellos para mariscar e pescar, coma o truel, o angazo, o sacho ou o trasmallo, e tamén vimos uns aparellos que se usaban antigamente, coma unha carcasa e unhas botas de mergullador.



A nosa seguinte parada foi a Biblioteca Municipal. Alí ensináronnos as instalacións e déronnos uns formularios que temos que cubrir para ter o carné, e así, poder ler todos os libros que teñen alí. Tamén podemos levalos para a casa durante 21 días, xenial! 


A última parada foi a Escola de Música. Alí un mestre e unha mestra explicáronnos os diferentes instrumentos que ensinan a tocar alí, coma o violín, o clarinete ou o piano, e puidemos ver algúns deles.



Encantounos esta visita, e ademais, aprendemos mooooitas cousas!

domingo, 13 de noviembre de 2022

MAGOSTO

Como ben sabedes, o venres e grazas a que Lourenzo saiu para deleitarnos cos seus raios puidemos celebrar o Magosto, esa festa que tanto nos gusta no Torre Illa. 

Viñemos ataviados con roupas axeitadas, como podedes comprobar...



A mestra, igual de emocionada que nós, fixo que nos enchéramos de follas dende os pés ata a cabeza...



Agora sí, podedes ver o ben que o pasamos e todas as cousas que fixemos.



 




miércoles, 2 de noviembre de 2022

ANIMAIS VERTEBRADOS

En 3ºB levamos unhas semanas traballando sobre os animais vertebrados.

Aquí podedes ver o que estivemos a facer.

Hecho con Padlet

lunes, 31 de octubre de 2022

CHEGOU O SAMAÍN!

Esta semana celebramos no cole o Samaín; levamos cabazas, disfrazámonos e fixemos unhas terroríficas merendas coas nosas familias.

Aquí hai unha pequena mostra destes días.


as de Fatima Crespo

viernes, 28 de octubre de 2022

OS ANIMAIS VERTEBRADOS

O alumnado de 3º A traballou arreo durante estas semanas sobre os animais vertebrados. 

Unha mostra dos seus traballos é o seguinte. 





Esperamos que vos guste miralo tanto como a nós facelo!
Bo Samaín!!

miércoles, 22 de junio de 2022

EXCURSIÓN


E chegou o último día! Foron dous anos nos que a pandemio fixo difícil o día a día na aula pero estuvéchedes a altura!
As vosas mestras non vos esquezarán xamais e estarán aquí para vós.

Felices vacacións e bo verán!