lunes, 24 de abril de 2017
DÍA DO LIBRO
O venres veu ao cole o contacontos Servando Barreiro. Aquí tendes unha mostra do ben que nolo fixo pasar.
domingo, 23 de abril de 2017
DÍA DO LIBRO
Hoxe 23 de Abril celébrase o día do libro pero nós xa o estivemos celebrando durante toda a semana na escola.
Os nosos compañeiros Mariña e Óscar foron a ler uns contos aos nenos e nenas de 3 anos.
Os chicos Diego e Jorge viñeron a nosa aula para lernos o libro "A que sabe a lúa?"
E para rematar a semana, Lucía, nai da nosa compañeira Lucía leu un conto que nos encantou.
Mañá os amosaremos máis actividades levadas a cabo nesta semana.
Non vos esquezades de buscar os libros que deixou Libria pola Illa!!!
viernes, 7 de abril de 2017
DÍA DA SAÚDE
Con motivo da celebración do día da saúde, María e Ramón viñeron á escola a ensinarnos uns primeiros auxilios que nos serán moi útiles no noso día a día.
Mirade canto aprendemos.
sábado, 25 de marzo de 2017
PREPARANDO O NOSO HORTO
O venres veu Paula a mestra composteira cunha sorpresiña. Traíanos unhas miñoquiñas!! Xunto cos insectos pau e os gusanos de seda estamos facendo o noso pequeno zoolóxico na aula.
As miñocas necesitan un hogar en condicións polo que aquí tendes como o fixemos:
Cando deixamos listas e acomodadas as miñocas achegámonos ao novo horto do cole. Somos os primeiros en plantar! Que sorte!
E que plantamos? Pois primeiro transplantamos os allos que tiñamos nas macetas, mirade como creceron...
E, despois, plantamos unhas ceboliñas. Iremos informándovos tamén da sea evolución.
E, finalmente, botamos toda a materia orgánica que acumulamos esta semana no composteiro. Ao composteiro encántalle a semana da froita! Nunca tantas mondas comeu...
¿QUIÉN ES QUIÉN?
Xa sabedes cales son as profesións que máis nos gustan a cada un de nós. Agora ven o turno de amosarvos as nosas aficións e os medios de transporte que escollimos para trabajar durante estas semanas.
OS ANIMAIS
Os alumnos e as alumnas de primeiro A fixeron unhas imaxes interactivas como repaso do mundo dos animais. Aparecen animais creados por eles mesmos mais un pequeno video onde nos recordan as características de cada grupo.
sábado, 18 de marzo de 2017
A MACETA DE MAELYS
Esta semana comezamos a traballar as plantas e Maelys, coa axuda dos seus pais, fixo este traballo tan bonito que puxemos na aula. Encantounos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


