miércoles, 30 de octubre de 2019

A ENTREVISTA DE ALYSSA

Ola somos Lucia, Lía, Iker, Cristian, Manuela e Manuel da clase de 4ºA.
O luns fumos a radio carcaman a entrevistar a Alyssa. 
Premede na imaxe para escoitar a entrevista.

                         

sábado, 26 de octubre de 2019

SCRATCH

Bo día:
As vosas fillas e os vosos fillos xa levan unhas semanas utilizando linguaxe de programación. Xa case o teñen todo controlado!
Para continuar avanzando na súa aprendizaxe, nas próximas semanas comezaremos a programar con Scratch.
Para iso, as mestras precisamos da vosa axuda:
1º. Premede na seguinte imaxe para acceder á páxina de Scratch.

2º. Escollemos a opción "Únete a Scratch"
3º. Completade da seguinte maneira:
4º. Unha vez cuberto dades a seguinte e continuades cubrindo o que vos pide.

Precisamos que o fagades vós xa que tendes que poñer o voso e-mail como pais/nais.

Moitas grazas!

Iremos ensinando os nosos progresos.


viernes, 25 de octubre de 2019

OS ÁNGULOS PERDIDOS POLO COLE

Ola familias! Comezamos un novo curso escolar.
Os da clase de  4ºA comezamos o curso coa temática dos ángulos. Cada  grupo da clase fixo uns carteis con todos os tipos de ángulos: obtuso, completo, llano, recto e agudo. 
Aquí vos deixamos os carteis:

O grupo 1 (Lía, Manuel, Iker, Manuela, Lucia e Cristian) fixo abanicos.

O grupo 2 (Chloe, Alen, Rafa, Nerea, Mariña, e María) fixo comecocos.

O noso grupo (Áurea,Yanira, Óscar, Carlos e Eloy) fixo mandalas.

O grupo 4  (Cayetana, Irene, Gabriela, Pablo e  Erik) fixo os bonecos.


Esperamos que aprenderades moito.Ata logo compis.

miércoles, 19 de junio de 2019

SAÍDA Á PRAIA

Mañá xoves, os nenos e nenas de 2º faremos unha saída á praia para merendar xuntos e coñecer unha chea de curiosidades sobre as DORNAS.
Colgaremos fotos para que vexades o ben que o imos pasar...

jueves, 6 de junio de 2019

PLANTANDO CARA Á ALERTA LARANXA

En 2º quedamos sen excursión pero non hai temporal que nos asuste e decidimos facer unha pequena festa durante a mañá de hoxe.
Aquí vos deixamos o ben que o pasamos...




miércoles, 5 de junio de 2019

IMPORTANTE- SAÍDA 1º E 2 CANCELADA

A CONSELLERÍA ANUNCIOU A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE PARA O XOVES, DÍA 6 DE XUÑO POR ALERTA LARANXA.
A SAÍDA PROGRAMADA PARA IR A O GROVE "CAMPING FIEITÁS" QUEDA SUSPENDIDA. 
GRAZAS A TODOS/AS.