viernes, 20 de diciembre de 2019

BO NADAL

As alumnas e alumnos de cuarto queremos desexarvos con este vídeo unhas felices festas e un próspero ano novo!!! 

BO NADAL!!!


lunes, 16 de diciembre de 2019

TRIÁNGULOS EQUILÁTEROS

Bos días, somos Silvia, Lucas, Nagore e Maelys de 4ºB e fixemos un vídeo explicando como facer triàngulos equiláteros.
Se  queredes aprender a facelos, premede nel para velo.





Esperamos que vos guste.


martes, 3 de diciembre de 2019

CONMEMORACIÓNS

O grupo formado por Lucía, Manuel, Lía, Cristian, Manuela e Iker contaron na radio a forma en que celebramos no cole o Día dos dereitos dos nenos e o Día contra a violencia de xénero.
Premeda na imaxe para acceder ao blog da radio e buscade o programa que se chama "Conmemoracións".


viernes, 29 de noviembre de 2019

COMO TRABALLAR UN CONTO

Ola somos o grupo 3 ,chamamosnos  Yanira, Carlos, Aurea,  Oscar, Mara e Eloy.
Imos ensinarvos a idea que tubo a nosa mestra Fátima para utilizar cando lemos un conto.
Aquí vos deixamos:




Vos gustan?A nós si .No primeiro cartel hai que poñer o título. O título e “A min non me comas”. Xa vos lestes este libro? Volo recomendamos!.O segundo paso é poñer o protagonista e o obxectivo que ten.O protagonista é Mateo e o obxectivo e derrotar ao monstro. O seguinte paso é poñer a presentación da situación. No noso conto é Mateo que tiña medo de durmir so. Cal é a presentación do conflito? Tendes que poñer o opoñente e que fai. O noso é o monstro que se come a todos!
Xa que temos a presentación do conflito poñemos como o soluciona o axudante e como o axudou.
O axudante foi a nai de Mateo. Axúdao durmindo con el e falando.
Veña que xa imos polo último paso: a situación de calma final. A nosa é que o monstro devolveulle a súa familia e Mateo gardou os abrigos no armario.
Se non gardades os abrigos no armario apareceravos o montrooo!.

Esta foi a idea da mestra. Esperemos que o fagades vós tamén.
Ata logo!

Áurea, Mara ,Yanira, Óscar, Carlos e Eloy.

martes, 26 de noviembre de 2019

O GRAN PRIX FINANCIEIRO

No día do magosto fixemos unha actividade que se chamaba Gran Prix Financieiro.
Tres persoas viñeron a facer dúas actividades que nos ensinaron o que gastan os nosos pais e nais en gastos necesarios durante todo o mes.

Un dos xogos foi "A OCA FINANCIEIRA" 
Neste xogo tivemos que facer parellas.
O que precisamos para xogar foi un taboleiro, unha ficha que será unha persoa, un dado e unha bolsa de cartos.

Instrucións:
* Unha persoa tira o dado e a súa parella avanza o número que lle saíu.
* Hai casillas nas que se gaña cartos e hai casillas nas que se perden cartos.
* O obxectivo do xogo e chegar a fin de mes con cartos.



O seguinte xogo consiste na "MULTIPLICACIÓN XAPONESA".

Tiñamos un número co que facer a multiplicación. Dependendo do teu número terás que facer as liñas necesarias. Despois de facelas haberá cruces e terás que rodealas.


Gabriela, Irene, Cayetana, Pablo e Erik.









sábado, 23 de noviembre de 2019

BIBLIOTECA DO TORRE ILLA

O venres, Chloé, Rafa, Alén, Nerea e María acudiron á radio para explicar o funcionamento da biblio do noso cole.
Premede na imaxe e buscade o programa que se chama "A biblioteca".

Desexamos que vos guste!

martes, 19 de noviembre de 2019

A MEDIACION

Dende o ano pasado no cole creouse o equipo de mediación. Axudan a resolver os problemas cos e coas compañeiros/as.
Lévase acabo durante a hora do recreo e o fan os alumnos e alumnas de 6ºA e 6ºB.
Recoñecémolos porque  levan un chaleco amarelo e un colgante.
A mediacion levase acabo na radio carcaman ou no pabellon de 5º.





Se tes un problema cun compañeiro/a e o queres solucionar non dudes ir a mediación para resolvelo.

Equipo 1 .Lucia, Lía, Manuela, Iker, Cristian e Manuel.