martes, 30 de septiembre de 2025

NOVOS RETOS Á VISTA!!

Hoxe ao chegar á clase vimos que había 5 novos cromos polos que loitar! Como sabedes, para conseguilos hai que dar resposta á pregunta que nos fai cada personaxe e superar un novo reto. Cada reto estará relacionado cunha asignatura da clase. Aquí deixamos as preguntas para que podamos ir investigando na casa.


 MATEMÁTICAS

En que famoso val mandou construír a súa tumba?

 

 

 

 LINGUAS

Como se chama a famosa pintura que está na tumba de Neferemaat?

 

 

 

 NATURAIS

Con que escribían os escribas exipcios como Ani?

 

 

 

 

SOCIAIS

 Que fixo que a súa tumba fose tan especial cando a descubriron?

 

 

TECNOLOXÍAS

Que é o "shaduf" e para que o utilizaban?
 

 

 

 

 

 

Ide investigando as respostas a estas preguntas, escribíndoas nas follas do arquivador e pronto accederedes ao reto e ao cromo!!

 


VÉMONOS POLAS PIRÁMIDES!!!! 

 

 

viernes, 19 de septiembre de 2025

CLEOPATRA LÁNZANOS AS PRIMEIRAS PREGUNTAS!!!



 
Nesta ocasión, Cleopatra ademais de facernos entrega dos nosos arquivadores e cromos, fíxonos as seguintes preguntas:
 
1º- Onde estaba o Antigo Exipto?
 
2º- En que continente se atopa Exipto?

Se contestamos correctamente as dúas preguntas, daranos o noso primeiro cromo!! 
 
A viaxe xa comezou! e como di Cleopatra... vámonos nas pirámides!!!

viernes, 30 de mayo de 2025

RESUMO FINAL DO CONCURSO

Despois de levar a cabo o I CONCURSO DE LANZAMENTO DE AVIÓNS aquí tedes un vídeo resumo no que queda reflectido o gran traballo feito por todos os nenos e nenas de terceiro.





Concurso de aviones de Fatima Crespo

viernes, 25 de abril de 2025

REVISTA CARCAMÁN


Lembrade que a portada da revista debe seguir estas instrucións:

- Debe ser nun folio tamaño DIN A4 en vertical

- Debe levar o nome:  "REVISTA CARCAMÁN"

- Debe levar o título: "LETRAS GALEGAS 24-25"

- Debe incluir o nome do cole: "CEIP TORRE ILLA"

- Debe incluir a frase: "AS CANTAREIRAS E POESÍA POPULAR ORAL"


A data tope é o martes 29 de abril.

Non esquezades investigar a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas e que instrumento tocaba. Anotádeo na axenda.