Bos días!! 😊
A actividade proposta para esta Semana Santa é continuar co libro de lectura, que xa sabedes que é diferente para 4ºA e para 4ºB. Aí van:
4ºA: O QUE NUNCA CHE CONTARON
Lede o capítulo IV, " A domadora de bolboretas" despois respondedes as seguintes preguntas na libreta de lingua. Intentade non mirar polo libro pero, se algunha non vos acordades podedes consultalo.
Copiamos as preguntas en negro e respondemos en azul.
Copiamos as preguntas en negro e respondemos en azul.
- Que era o que máis detestaba Anasclasia?
- Cal dicía ela que era o motivo de cazalas?
- Por que dicían os coleccionistas que as cazaban?
- A que ía dedicar os seus esforzos Anasclasia?
- Para que?
- Cando ía levar a cabo a súa misión?
- Por que motivos?
- Con que comparou o seu avó ás bolboretas?
- Busca no libro a frase que lle dixo a Anasclasia e cópiaa.
- Cando conseguiu Anasclasia que se lle achegase unha bolboreta? Onde se lle posou?
E aquí tendes o traballo para este capítulo. Recordade que o facedes utilizando medio folio para cada pregunta ou, os facedes en media folla de libreta.
- Portada
- Fai un debuxo dunha bolboreta e ponlle o nome das partes que aparecen na foto.
3. Fai un debuxo no que expliques o significado de "sentir
bolboretas no estómago"
4ºB: BRUXA E FAMILIA
Lede o capítulo V e logo, na libreta de Lingua Galega contestaredes as seguintes preguntas (mirade como fixéchedes os dous capítulos anteriores, para facelo da mesma forma):
CAPÍTULO V
1ª) De onde sacaba Bruxa os libros para facer os conxuros?
2ª) Por que había poucos libros na casa dos seus pais?
3ª) Quen é Pura?
4ª) Que opinaba Pura sobre os libros?
5ª) Que tipo de libros lle gustaba ler a Bruxa?
6ª) Que aconteceu para que Bruxa pensara que de maior non ía precisar de familia nin amigos?
7ª) que segredo sabía o avó de Bruxa sobre ela?
8ª) Que regalos lle fixeron cando marchou da casa?
9ª) Quen lle vai facer compaña a Bruxa no seu novo fogar?
7ª) que segredo sabía o avó de Bruxa sobre ela?
8ª) Que regalos lle fixeron cando marchou da casa?
9ª) Quen lle vai facer compaña a Bruxa no seu novo fogar?
Agora toca continuar co traballo que estabas a facer.
Primeiro elabora a portada do capítulo. Esta vez é soamente un, así que tes más espazo para facelo. Aproveitao!!!
CAPÍTULO V: A BRUXA DA CASA DE PEDRA
1º) Fai un resumo no que fales de todo o que aconteceu no capítulo.
2º) Bruxa elixiu para vivir unha casa preto dun río.
Que lugar elixirías ti?
Pensa nun lugar, pobo, cidade... e describe como sería ese lugar e a túa casa. Cantos espazos tería, o seu tamaño, cor... Logo fai un debuxo no que se vexa reflexado todo o que escribiches sobre ela.
Lembrade que tendes tempo para facer este traballo, así que, non o fagades a correr e poñede todos os vosos superpoderes a funcionar.
Vémonos prontiño!!! Mooooitos bicos das vosas profes.
Ata o próximo día!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario