jueves, 21 de mayo de 2020

COMPRENDEMOS UN CONTO

A actividade de hoxe consiste en escoitar un conto e contestar ás seguintes preguntas. Estade ben atentas e atentos e, se o precisades, volvédeo a escoitar por segunda vez.



Agora que xa escoitastes o conto, colledes a libreta de lingua e contestades ás seguintes preguntas.
Debaixo da data poñede o título do conto en letras maiúsculas e de cores.

1º) Contesta:

- Que personaxes se mencionan no conto?
- Que parentesco teñen entre eles?

- Que estaban a facer ese día?

- A que lugar querían chegar?


2º) Substitúe as palabras destacadas polas expresións que se usan no conto para referirse ao mesmo.

- Tamara era moi pequena:
- Tamara camiñaba moi amodo:

3º) Busca no dicionario as seguintes palabras e copia o significado: (Na parte da dereita do blog tendes un enlace aos dicionarios de lingua e lengua)
- Costento:
- Devecer:
- Devagar:
- Berro:

4º) Agora escribe unha oración con cada unha das anteriores palabras.

5º) Ao final do conto Tamara di: 
SON RECORDOS DA MONTAÑA, SABEDES? 
Busca no dicionario a palabra recordo e copia todas as definicións que aparecen. Que significado ten a palabra RECORDOS na frase que di Tamara? Sublíñaa.

6º) Tes algún recordo dalgunha viaxe que fixeches? Cal?

7º) Se tiveras que quedarte cun so recordo destes catro anos que compartimos xuntos, cal sería? Por que?


O traballo de SNAPPET é:
> Matemáticas
> Lecciones
> Geometría
> Elementos y perímetro de los polígonos

O agasallo de hoxe é un xogo sobre os polígonos. Entrade e a xogar!


No hay comentarios:

Publicar un comentario