miércoles, 8 de abril de 2020

¡FORZA!

Fai uns meses fixemos este vídeo no que xa nos demostrábamos o cariño que nos temos. Hoxe, que vivimos unha situación bastante dura e complexa, gustaríame que o recordaramos, porque só traballando xuntos conseguiremos acabar con isto. Podedes estar seguras e seguros que volverémonos a ver e celebraremos unha gran festa de despedida. 
Foron catro anos marabillosos para as vosas mestras, queremos que o saibades. Todos e cada un de vós ten un oco especial no noso corazón. 
Moito ánimo e moita forza das vosas mestras que vós botan un montón de menos.


Mañá teredes unha sorpresiña no blogue de algo que xa levabades tempo pedindo...

martes, 7 de abril de 2020

CARTEIS AFORRO ENERXÍA

Ola! Xa temos moitas propostas e consellos de aforro enerxético.

Queredes velas e comezar a poñelas en práctica? 
Nós xa o estamos facendo! 
Premede na imaxe e... comezade, que xa sabedes que o noso planeta nolo agradecerá. 


Moitos bicos! 
Vémonos pronto!


lunes, 6 de abril de 2020

LIBROS DE LECTURA

Bos días!! 😊

A actividade proposta para esta Semana Santa é continuar co libro de lectura, que xa sabedes que é diferente para 4ºA e para 4ºB. Aí van:



4ºA: O QUE NUNCA CHE CONTARON


Lede o capítulo IV, " A domadora de bolboretas" despois respondedes as seguintes preguntas na libreta de lingua. Intentade non mirar polo libro pero, se algunha non vos acordades podedes consultalo. 
Copiamos as preguntas en negro e respondemos en azul.

  1. Que era o que máis detestaba Anasclasia?
  2. Cal dicía ela que era o motivo de cazalas?
  3. Por que dicían os coleccionistas que as cazaban?
  4. A que ía dedicar os seus esforzos Anasclasia?
  5. Para que?
  6. Cando ía levar a cabo a súa misión?
  7. Por que motivos?
  8. Con que comparou o seu avó ás bolboretas?
  9. Busca no libro a frase que lle dixo a Anasclasia e cópiaa.
  10. Cando conseguiu Anasclasia que se lle achegase unha bolboreta? Onde se lle posou?
E aquí tendes o traballo para este capítulo. Recordade que o facedes utilizando medio folio para cada pregunta ou, os facedes en media folla de libreta.
  1. Portada 
  2. Fai un debuxo dunha bolboreta e ponlle o nome das partes que aparecen na foto.
       3. Fai un debuxo no que expliques o significado de "sentir           
       bolboretas no estómago"




4ºB: BRUXA E FAMILIA

Lede o capítulo V e logo, na libreta de Lingua Galega contestaredes as seguintes preguntas (mirade como fixéchedes os dous capítulos anteriores, para facelo da mesma forma):



CAPÍTULO V

1ª) De onde sacaba Bruxa os libros para facer os conxuros?
2ª) Por que había  poucos libros na casa dos seus pais?
3ª) Quen é Pura?
4ª) Que opinaba Pura sobre os libros?
5ª) Que tipo de libros lle gustaba ler a Bruxa?
6ª) Que aconteceu para que Bruxa pensara que de maior non ía precisar de familia nin amigos?
7ª) que segredo sabía o avó de Bruxa sobre ela?
8ª) Que regalos lle fixeron cando marchou da casa?
9ª) Quen lle vai facer compaña a Bruxa no seu novo fogar?



Agora toca continuar co traballo que estabas a facer.

Primeiro elabora a portada do capítulo. Esta vez é soamente un, así que tes más espazo para facelo. Aproveitao!!!

CAPÍTULO V: A BRUXA DA CASA DE PEDRA

1º) Fai un resumo no que fales de todo o que aconteceu no capítulo.
2º) Bruxa elixiu para vivir unha casa preto dun río. 
Que lugar elixirías ti?
Pensa nun lugar, pobo, cidade... e describe como sería ese lugar e a túa casa. Cantos espazos tería, o seu tamaño, cor... Logo fai un debuxo no que se vexa reflexado todo o que escribiches sobre ela.


Lembrade que tendes tempo para facer este traballo, así que, non o fagades a correr e poñede todos os vosos superpoderes a funcionar.


Vémonos prontiño!!! Mooooitos bicos das vosas profes.

Ata o próximo día!!!




viernes, 3 de abril de 2020

PAISAXES

Os deberes para hoxe e o fin de semana son os seguintes:
1º- Accede á páxina do teu curso:
    4ºA: Paisaxe de chaira
    4ºB: Paisaxes

2º- Comeza pola parte de arriba da columna e vai facendo o que se manda ata que chegues á parte de abaixo de todo.

3º- Repasa o estudado das paisaxes xa dadas.


O luns poremos as seguintes actividades e para o xoves temos unha SORPRESA!! Algo que faredes en familia! Iremos dando pistas para que saibades de que se trata pero xa vos dicimos que vos fará mooooooooita ilusión!

Bo finde!!

Hoxe en vez de poñer un vídeo, poñemos un reto que lanzou a mestra Olalla no seu blogue. Facede click aquí


jueves, 2 de abril de 2020

UN AGASALLO PARA TOD@S VÓS

As mestras e mestres do cole botámosvos moito de menos, queremos que esta situación remate xa! 
Mentres isto non sucede, fixemos este vídeo para amosarvos que aquí seguimos, ao voso lado.
Con moito agarimo, as e os mestres.


UNHA APERTA ENORME!!!

REPASO DETERMINANTES

Bos días! Antes de empezar, tendes unha mansaxe que vos manda o voso compañeiro Alén para todoas e todos vos.

Agora, comezamos!

Hoxe ides traballar con todos os tipos de determinantes. Para iso, antes de empezar a facer os exercicios, debedes estudalos todos, ou se xa os sabedes, darlle un repasiño ou dous, para que non teñades que mirar pola libreta ao facelos.

Xa os sabedes? Pois a traballar!







Traballo rematado!

Agora non vos olvidedes dos enlaces:

E por último, o vídeo de hoxe é para facer origami:


Podedes facelos de diferentes tamaños e cores e colocalos por diferentes lugares das vosas casas.

Bicos e ata mañá!


miércoles, 1 de abril de 2020

ACTIVIDADE NATURAIS 2


Boas rapazas e rapaces!


A semana pasada estivéchedes pensando en actividades que facedes ao longo do día e en se son ou non imprecindibles.

 Hoxe toca seguir pensando en ...

Que se vos ocorre facer para aforrar enerxía?

Pensade que, ademais de nas vosas casas, tamén podedes aforrar enerxía no transporte, na escola, etc. 

Elaborade un cartel informativo de boas prácticas con cousas que estean na vosas mans facer para aforrar enerxía.

Se necesitades algo de axuda, premede na bombilla.

Estaría xenial que acompañarades cada idea que se vos ocurra cun debuxo, coma por exemplo este:

O cartel podédelo facer na libreta de Ciencias Naturais, nun folio ou en Canva e podédelos mandar por correo ou por WhatsApp, para que todos e todas poidamos comezar a poñer en práctica todos eses consellos.


Aquí tendes os enlaces:



O vídeo de hoxe é de baile:

Moitos bicooos!