Bo día!
Mirade os traballos que fixemos na clase logo de investigar na casa sobre todos estes productos do outono.
Esperamos que vos gusten!
Bo día!
Mirade os traballos que fixemos na clase logo de investigar na casa sobre todos estes productos do outono.
Esperamos que vos gusten!
Bos días nenas e nenas!
Hoxe é xa 1 de decembro... que rápido pasaron estes meses no cole.
Para que a espera á chegada de Papa Noel se vos faga un pouco máis entretida, deixamos aquí abaixo un calendario de advento. Cada día, debedes pasarvos por aquí e disfrutar do video que toca.
Esperamos que vos guste.
Bo día!
Despois de investigar na casa sobre a castaña, fixemos una traballos sobre ela na clase. Aquí os amosamos o resultado final.
Esperamos que vos guste.
Bo día!
A seguinte tarefa que tendes que facer consiste en investigar sobre o producto do outono que hoxe leváchedes para a casa e que tendes que colorear.
Aquí tendes diferentes preguntas que podedes utilizar para investigar sobre o froito que vos tocou.
- Facer un vídeo contando todo o que aprendestes sobre o voso froito.
- Facer un póster dando resposta ás preguntas, con debuxos, letra, ámbalas dúas...
Os traballos os subiredes á aula virtual premendo na seguinte imaxe.
Se escolledes a opción vídeo, subiredes o vídeo.
Se escolledes a opción póster, lles sacaredes unha foto e a subiredes.
Boas tardes!
O traballo deste fin de semana consiste en buscar información sobre a castaña.
Aquí tendes un póster con preguntas ás que lle podedes dar resposta.
Unha vez que investiguedes sobre ela faredes un traballo a escoller entre os dous seguintes:
- Facer un vídeo contando todo o que aprendestes da castaña.
- Facer un póster dando resposta ás preguntas, con debuxos, letra, ámbalas dúas...
Os traballos os subiredes á aula virtual premendo na seguinte imaxe.
Se escolledes a opción vídeo, subiredes o vídeo.
Se escolledes a opción póster, lle sacaredes unha foto e a subiredes.
Tendes de prazo para mandar estes traballos ata o luns 16.
Ollade, ollade, e non pasedes moito medo!
Boas tardes familias!
Para este fin de semana propoñemos unha actividade divertida para facer en familia. A continuación tendes uns retos relacionados co outono. Buscade o que máis vos gusta, ide a dar un paseo polo monte e... a crear!
Podedes facer todos os retos que queirades. O que vos pedimos e que fagades polo menos un deles e saquedes fotos da vosa creación. Se saídes vós nelas moito mellor. Despois subide as fotos á Aula Virtual na entrada que se chama OUTONO, na semana do 18 ao 24 de outubro.
Estas fotos serán públicas para que o resto do alumnado da clase as poida ver.
Ademais, todas as follas, castañas, landras... que atopedes traédeas ao cole para poder seguir creando e facendo actividades.