viernes, 23 de octubre de 2020

CREAMOS NO OUTONO

Boas tardes familias! 

Para este fin de semana propoñemos unha actividade divertida para facer en familia. A continuación tendes uns retos relacionados co outono. Buscade o que máis vos gusta, ide a dar un paseo polo monte e... a crear!

Podedes facer todos os retos que queirades. O que vos pedimos e que fagades polo menos un deles e saquedes fotos da vosa creación. Se saídes vós nelas moito mellor. Despois subide as fotos á Aula Virtual na entrada que se chama OUTONO, na semana do 18 ao 24 de outubro.

Estas fotos serán públicas para que o resto do alumnado da clase as poida ver.

Ademais, todas as follas, castañas, landras... que atopedes traédeas ao cole para poder seguir creando e facendo actividades.




Estamos desexando ver as vosas fotos!



No hay comentarios:

Publicar un comentario