Boas tardes nenas e nenos de primeiro e benvidos/as ao que durante este curso será o voso blogue!
Este será un lugar para visitar coas vosas familias para que lle ensinedes algunhas das cousas que facemos na aula no noso día a día.
Subiremos actividades, fotos e vídeos para compartir con todas as persoas que vós queirades.
A primeira actividade está relacionada con ciencias aturais. Levamos uns días traballando as partes da cara e agora que xa sabedes como se chaman, a ver se sodes quen de saber a solución destas adiviñas.
Trinta e dúas cadeiras brancas
nun vello comedor,
e unha vella parlanchina
que as pisa sen temor.
Teño un tabique no medio
e dúas ventás aos lados
polas que entra o aire puro
e sae xa respirado.
Un é superior
o outro é o inferior
sen dicir nunca nada
moito se queren
por iso sempre se besan.
Que tal vos foi? Agora é a vosa quenda. Os pasos para a vosa actividade son:
1. Tendes que inventar unha adiviña xunto cos vosos pais e nais dunha parte da cara que vós queirades.
2. Aprender de memoria a vosa adiviña para poder recitala.
3. Mamá, papá, tía... deberá gravarvos co móbil ou coa tablet recitando a adiviña pero, sen dicir a resposta.
4. Entrar na aula virtual do cole (se premedes na imaxe de abaixo xa entraredes) e subir o vídeo que vos gravaron para que todos podamos vervos.
Animádevos a participar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario