viernes, 23 de octubre de 2020

CREAMOS NO OUTONO

Boas tardes familias! 

Para este fin de semana propoñemos unha actividade divertida para facer en familia. A continuación tendes uns retos relacionados co outono. Buscade o que máis vos gusta, ide a dar un paseo polo monte e... a crear!

Podedes facer todos os retos que queirades. O que vos pedimos e que fagades polo menos un deles e saquedes fotos da vosa creación. Se saídes vós nelas moito mellor. Despois subide as fotos á Aula Virtual na entrada que se chama OUTONO, na semana do 18 ao 24 de outubro.

Estas fotos serán públicas para que o resto do alumnado da clase as poida ver.

Ademais, todas as follas, castañas, landras... que atopedes traédeas ao cole para poder seguir creando e facendo actividades.




Estamos desexando ver as vosas fotos!



jueves, 22 de octubre de 2020

COUSAS FAVORITAS

Na clase fixemos un puzzle coas nosas cousas favoritas e logo grabamos un vídeo falando delas. Premede na imaxe e poderedes ver que bonito quedou. 



Esperamos que vos gustara!




 

CREAMOS ADIVIÑAS

Aquí vos ensinamos as adiviñas que creamos na clase! A ver se sodes capaces de adiviñalas...











Para ser o primeiro vídeo que gravamos nos está nada mal, verdade?

Esperamos que vos gustara!







miércoles, 14 de octubre de 2020

O CORPO HUMANO

Boas tardes nenas e nenos de primeiro e benvidos/as ao que durante este curso será o voso blogue! 

Este será un lugar para visitar coas vosas familias para que lle ensinedes algunhas das cousas que facemos na aula no noso día a día.

Subiremos actividades, fotos e vídeos para compartir con todas as persoas que vós queirades.

A primeira actividade está relacionada con ciencias aturais. Levamos uns días traballando as partes da cara e agora que xa sabedes como se chaman, a ver se sodes quen de saber a solución destas adiviñas.


Trinta e dúas cadeiras brancas

nun vello comedor,

e unha vella parlanchina

que as pisa sen temor.

Teño un tabique no medio

e dúas ventás aos lados

polas que entra o aire puro

e sae xa respirado.

Un é superior

o outro é o inferior

sen dicir nunca nada

moito se queren

por iso sempre se besan.


Que tal vos foi? Agora é a vosa quenda. Os pasos para a vosa actividade son:

1. Tendes que inventar unha adiviña xunto cos vosos pais e nais dunha parte da cara que vós queirades.

2. Aprender de memoria a vosa adiviña para poder recitala.

3. Mamá, papá, tía... deberá gravarvos co móbil ou coa tablet recitando a adiviña pero, sen dicir a resposta.

4. Entrar na aula virtual do cole (se premedes na imaxe de abaixo xa entraredes) e subir o vídeo que vos gravaron para que todos podamos vervos. 

Aquí tendes un titorial para saber como manexarvos na aula virtual.

Animádevos a participar!



viernes, 19 de junio de 2020

Hoxe remata o curso e con el, a nosa viaxe xuntos. 
Queremos que saibades que durante estes catro cursos, disfrutamos moitísimo traballando con vós e que estamos moi orgullosas de todos os vosos logros, esforzos e entusiasmo en todas as tarefas e traballos que vos propuxemos. 
Sodes e seredes uns e unhas rapazas moi especiais para nós. Crecemos e aprendemos uns dos outros e eso non o olvidaremos xamais. 
Unha desas tarefas encargadas, deu como resultado este vídeo no que aparecedes todos e todas dando o mellor.





O profe Carlos tamén fixo un vídeo moi chulo lembrando todos os traballos que fixéchedes e vos desexa que pasedes unhas boas vacacións.



Non queremos rematar sen lembrar que dende o mes de maio e ata que empece o novo curso, algúns e algunhas de vós, cumpriredes nada máis e nada menos que 10 anos. Mariña Pouso, Claudia Treviño, Gael, François Lucas Poza, Rita, Mauro, Eva, Vera, Cristian, Chloé, Rafa, Mara, Óscar, Pablo, Erik e Gabriela @s vos@s compañeir@s e nós enviámosvos os nosos parabéns e vos desexamos un ano cheo de felicidade e aventuras.

viernes, 12 de junio de 2020

VIAJANDO POR...

Hoy vais a elegir tres comunidades autónomas y dentro de ellas, elegiréis una de sus provincias. Una vez os decidáis, comenzamos el viaje...
Aquí os dejo un mapa para ayudaros a elegir.


Ejemplo: Andalucía-->Málaga
                Extremadura --> Cáceres
                Aragón --> Huesca 

Nos montamos en el coche, y... ¿Cuántos km vamos a recorrer?



Primero tenéis que escribir el lugar de origen (desde dónde iniciáis el viaje: Illa de Arousa, Cambados, Vilanova de Arousa...) y luego el destino (el lugar elegido).

Os aparecerán dos cantidades diferentes, una es la distancia que hay en línea recta, y la otra, la distancia al hacer el recorrido por carretera. 
Pues bien, lo primero que haréis, será coger la libreta de Mate, escribir el origen, el destino, las dos distancias y calcular la diferencia de km que existe entre ellas (tenéis que hacer lo mismo con las tres provincias elegidas).
Lo segundo, será colorear de azul, de las tres provincias, la que elijáis para continuar vuestro viaje. 

Seguimos!

Ahora toca buscar información sobre el lugar elegido. Para ello, elaborareis una ficha (podéis hacerla en la libreta o en canva, dónde prefiráis) (os pongo un ejemplo) en la que incluyáis la siguiente información:



Intentad ser curios@s en la presentación, ya que con vuestra mejor letra y sin borrones, los trabajos os quedan preciosos.

Aquí os dejamos un juego para que vosotr@s mism@ comprobéis todo lo que sabéis de España.


¡Besitoooos y buen finde!

miércoles, 10 de junio de 2020

AS PLANTAS VII

Hoxe ides pinchar nos enlaces que tendes máis abaixo e solucionaredes cada unha das terefas. 


Todo o que ides ver é o que demos todas estas semanas anteriores. Non hai nada novo.


Lede con calma estas explicacións:

- Non vos poñades nervios@s.
- Teredes un tempo diferente para resolver cada unha das tarefas.
- Na parte superior esquerda, aparecerá en cor vermello o tempo que teredes para facela e o tempo que os vai quedando. 
- Fixádevos ben no que contestades. 
- Non vai ser necesario esgotar o tempo.
- En canto rematedes, mandade as respostas. 

PLANTAS 1           PLANTAS 2          PLANTAS 3


Ata mañá!