martes, 9 de junio de 2020

Bos días!
Hoxe tendes varias misións:

  1. Revisar todas as leccións de Snappet e rematar aquelas que están a medio facer ou sen comezar.
  2. Estudar naturais para as fichas que teredes mañá.
  3. Revisar e mandar o que non mandamos de lingua, mate e lengua ás profes. 
  4. E agora o máis divertido...
O curso está chegando xa ao final e, con el, catro marabillosos anos que pasamos xuntos, con momentos preciosos e inolvidables para as mestras e, esperemos que para vós tamén. Sempre seredes os nosos alumnos e alumnas e estaremos encantadas de poder axudarvos nos próximos anos en todo o que precisedes.
Xuntos aprendemos un montón de cousas, vós aprendestes de nós e viceversa. 
Como as despedidas non nos gustan moito, queremos dicirvos o especial que sodes para nós e cremos que a mellor forma e pasándoo ben e bailando e cantando. Recordades o vídeo de Nadal? Foi algo moi chulo e o pasamos moi ben facéndoo, por iso, queremos propoñervos un último esforzo.
O primeiro será escoitar e aprender está canción:


Agora, se pinchades no nome da canción aparecerá a letra da mesma.

Ao lado de cada estrofa aparecen uns números. Estes números son para que saibades que parte é a que debedes gravar. As persoas que teñen o número 1, 2 e 3 na lista de clase deberán gravar as dúas primeiras estrofas e, os demais gravarán onde aparece o voso nome.
É importante que o vídeo que gravedes sexa en HORIZONTAL. Podedes cantar, ou poñer a canción de fondo. O máis importante é que bailedes, cantedes e o pasedes ben!

Anímadevos todos a participar! Será un fermoso recordo.

Sería bo mandar o vídeo ao longo desta semana ao mail para poder montalo con tempo.

LUCES, CÁMARA....ACCIÓN



No hay comentarios:

Publicar un comentario