
Preguntade na casa cando podedes cociñar unha pizza.
Os pasos que tendes que seguir son:
ELABORACIÓN DA MASA
Ingredientes para 4 persoas
- 400 gramos de fariña
- 200 ml de auga
- 2 cucharadas de aceite de oliva
- unha pizca de sal
Elaboración
- Pon a fariña nun bol e engade o sal.
- Fai un oco no centro e bótalle a auga e o aceite.
- Amasa ata que a masa estea ben mesturada e que non se pegue nas mans. Deixa reposar uns minutos.
- Espolvorea fariña na mesa e pon enriba a masa (se é moita cantidade divide en máis porcións).
- Estira a masa co rodillo ata que quede ben fina.
ENGADIMOS OS INGREDIENTES
Aquí é o momento no que entran as fraccións.
Tendes que dividir a masa en partes iguais (facendo unhas marcas co coitelo). Estas marcas dependen das persoas que ides comer a pizza.
Preguntaredes aos comensais que ingredientes queren na súa pizza e anotaredes as eleccións no caderno de mate, do seguinte xeito.
Agora que xa sabedes como tendes que
facer a pizza...poñédevos mans á obra.
Non vos esquezades de mandar un vídeo co paso a paso, unha foto co
resultado... o que queirades pero facédenos partícipes 😋😋
A pizza tendes que metela no forno durante 15 minutos a 180ºC.
BO PROVEITO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario