lunes, 8 de junio de 2020

LIBROS DE LECTURA

TRABALLOS LINGUA

Bo día! Durante o día de hoxe, debedes mandarnos ao correo as seguintes actividades:

- 14 de marzo: Actividade Lingua 1 --> Descrición de paisaxe.
- 19 de marzo: Actividades Lingua 2 --> Palabras polisémicas.
- 26 de marzo: Determinantes numerais e indefinidos.
- 2 de abril: Repaso determinantes.
- 30 de abril: Adxectivos.
- 21 de maio: Comprendemos un conto.
- 28 de maio: Acentuamos.

Por favor, mandade soamente estas actividades, non todo o que tendes na libreta. No blogue aparecen a data e o nome ou título de cada actividade.

Seguide repasando Natu para facer as tarefas o mércores. Lembrade que hai que facelas ese día. Da igual a hora, pero ten que ser ese día.


Agora comezamos co traballo de hoxe, que será continuar cos libros de lectura, que os tiñamos un pouco olvidados e, é unha pena non rematar eses traballos tan bonitos que estades a facer.

Imos aló!

4ºA: O QUE NUNCA CHE CONTARON

Lede o capítulo V, " O transformador de froitas" despois respondedes ás seguintes preguntas na libreta de lingua. Intentade non mirar polo libro pero, se algunha non vos acordades podedes consultalo. 
Copiamos as preguntas en negro e respondemos en azul.

1º) Que singularidade teñen os produtos que vende o mago Garavan?

2º) Cal é a rutina diaria do mago? Contesta con VERDADEIRO ou FALSO.
....Érguese moi cedo para ir á horta.
....Toma un gran vaso de leite ao levantarse.
.... Recolle nunha cesta de vimbio os produtos listos para vender.
.... Fíxase na saúde das árbores.
....Lava a roupa.
....Comproba se a froita está madura.
....Da un longo paseo polo pobo.
....Asegúrase que as hortalizas non precisen esterco.

3º) No exercicio anterior, ordena do 1 ao 5 as oracións correctas segundo a orde en que as fai o mago.

4º) Con que pagan os produtos da horta na tenda?

E aquí tendes o traballo para este capítulo. Recordade que o facedes utilizando medio folio para cada pregunta ou, os facedes en media folla de libreta.

1º) Portada.
2º) Inventa un nome para a tenda e fai un debuxo da mesma onde se vexa o nome que inventaches.
3º) Elabora un listado con cinco produtos que vendería o mago e explica cales serían as súas propiedades máxicas.

Agora que xa rematamos o libro xunta os traballos de todos os capítulos e xúntaos. Fai unha portada para este traballo no que apareza o nomo do libro e o teu nome e grápao ou fai unha encuadernación chula.

4ºB: BRUXA E FAMILIA

Para realizar o traballo dos seguintes capítulos, ides facer as seguintes actividades:

1ª) Faredes unha única portada sobre estes capítulos (podedes poñer os títulos con letras de cores, facer debuxos dos personaxes,...). Lembrade que o tamaño é de medio folio.

2ª) Varios detalles fanlle sospeitar a Onomástica que seu irmán é un lobishome. Escribe cinco pistas que serven para recoñecelo. Podes debuxalo tamén se queres.
Como recoñecemos un lobishome?:

3ª) Ser bruxa ten vantaxes ou inconvenientes? Pensa nas cousas positivas e negativas que lle ocorren a Onomástica e anota.



4ª) Un novo personaxe.
Imaxina un novo amigo animal para Onomástica, debúxao e ponlle un nome.



Este é.................................................................


Púxenlle este nome porque.........................................




Agora pensa e responde estas preguntas:
- Como se coñeceron Onomástica e este novo animal?
- En que parte da casa vive o novo amigo?
- Como se leva cos demais animais da casa?
Con estes datos, escribe un pequeno capítulo para engadirlle á novela Bruxa e familia. Ponlle un título ao capítulo que conteña a palabra "familia".

Traballo rematado!
O último que queda é facer a portada principal, na que debe aparecer o título do libro e o teu nome, ordenar todos os traballos que fixéchedes e grapalo ou encuadernalo dunha forma orixinal.

Ata mañá!

No hay comentarios:

Publicar un comentario