viernes, 26 de abril de 2019

WALLYRETO 7- SEMANA DO 26 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

Hola amigos e amigas:

Vin fotos dos vosos carteis electorais e estou moi sorprendido. Sodes uns "craks". Están todos chulísimos e estou seguro de que as ideas que propuxestes mellorarán moito o voso cole.
Sei tamén que moitos outros nenos do colexio queren participar nas votacións ao ver os vosos carteis.
A semana que ven o Torre- Illa, encherase de votos. Mentras chega o momento déixovos o seguinte Wallyreto. 
Moito ánimo rapaces!!

Bicos e apertas
Wally




martes, 16 de abril de 2019

DAMOS O TEMPO

Durante o segundo trimestre traballamos o clima, os fenómenos atmosféricos e os mapas do tempo. Este é o resultado:


















domingo, 14 de abril de 2019

OS INVERTEBRADOS

Desta maneira tan divertida traballamos os animais invertebrados. En grupos investigamos sobre o grupo de animais que nos tocou e unha vez que sabíamos as súas características o plasmamos con debuxos. 
Cando rematamos os debuxos fixemos unha exposición ante os nosos e nosas compañeiros/as. 
Quedáronnos uns traballos moi chulos, que opinades vós?

AS MEDUSAS

AS ESTRELAS DE MAR 

OS CRUSTÁCEOS

OS INSECTOS

AS ESPONXAS 


OS ARÁCNIDOS

OS MIRIÁPODOS

OS OURIZOS DE MAR

viernes, 12 de abril de 2019

WALLYRETO 6- SEMANAS DO 12 AO 26 DE ABRIL

QUERIDOS AMIGOS: ESTAMOS EN PERÍODO DE ELECCIÓNS. NÓS AINDA SOMOS MOI PEQUENOS PARA ENTENDER TODO O QUE ISO CONLEVA PERO SEI QUE NA CLASE FALASTES DA IMPORTANCIA DE VOTAR E DE  PODER FACELO LIBREMENTE. 

POÑÉMONOS MANS Á OBRA, POIS NAS AULAS DE 2º, IMOS FACER UNHA PEQUENA CAMPAÑA ELECTORAL PARA ELEXIR OS DELEGADOS/AS  DAS NOSAS CLASES.

PARA ISO PRECISAMOS QUE CADA UN DE VÓS PREPARE O SEU CARTEL PROPAGANDÍSTICO. O RETO DESTA SEMANA PRECISA DE MOITA IMAXINACIÓN.

AQUÍ ABAIXO, DÉIXOVOS ALGÚNS EXEMPLOS PARA DARVOS IDEAS.

BICOS E APERTAS

WALLY
































jueves, 11 de abril de 2019

A GRATITUDE

Ola somos Mariña, Irene, Rafa e Alén de terceiro A. Na asignatura de valores traballamos a gratitude. Con todo o que aprendimos fixemos este vídeo.


viernes, 5 de abril de 2019

WALLYRETO 5- SEMANA DO 5 AO 12 DE ABRIL

AMIGOS E AMIGAS, XA FALTA POUCO PARA AS VACACIÓNS E VÓS NON DEIXADES DE DARLLE Á CABEZA COS MEUS DESAFÍOS. 
CREO QUE OS SOBRES DOS WALLYEUROS ESTÁN ENCHÉNDOSE MOITÍSIMO...
SEGUIDE ASÍ!
BICOS E APERTAS

         WALLY