jueves, 8 de diciembre de 2022

VISITA ILLA

Onte fixemos unha saída pola Illa e a primeira parada foi a confraría, na que visitamos a aula de interpretación "O Canto do Mar".
Aí puidemos ver os diferentes tipos de ameixas que se recollen na Illa, utilizamos os calibres para ver os tamaños permitidos de captura, vimos uns vídeos das especies que se capturan na nosa ría, explicáronnos como se utilizaban diferentes aparellos para mariscar e pescar, coma o truel, o angazo, o sacho ou o trasmallo, e tamén vimos uns aparellos que se usaban antigamente, coma unha carcasa e unhas botas de mergullador.



A nosa seguinte parada foi a Biblioteca Municipal. Alí ensináronnos as instalacións e déronnos uns formularios que temos que cubrir para ter o carné, e así, poder ler todos os libros que teñen alí. Tamén podemos levalos para a casa durante 21 días, xenial! 


A última parada foi a Escola de Música. Alí un mestre e unha mestra explicáronnos os diferentes instrumentos que ensinan a tocar alí, coma o violín, o clarinete ou o piano, e puidemos ver algúns deles.



Encantounos esta visita, e ademais, aprendemos mooooitas cousas!