sábado, 30 de mayo de 2020

HORARIO RECOLLIDA MATERIAL

O vindeiro xoves 4 de xuño as familias de 4º deberán pasar a recoller/entregar o material do alumnado.
Abaixo aparecen algunhas indicacións que debedes seguir.
Os horarios son os seguintes:

CLASE DE 4º A

CLASE DE 4º B



MATERIAL A ENTREGAR
  • Debedes traer os libros que levaron para casa e que pertencen á biblioteca. É importante que non falte ningún.
  • A mochila viaxeira debe regresar tamén á escola.
  • Se alguén ten o libro de inglés na súa casa debe traelo ao cole xa que é necesario para poder facer o novo fondo de libros.

MEDIDAS A SEGUIR
  • Só poderá acudir ao centro 1 persoa (sempre con mascarilla).
  • Sería bo traer unha bolsa con capacidade para levar o material.
  • Entrarase e sairase pola porta do patio.
  • Dirixirémonos directamente á aula do nos@ fill@ (cando nolo indiquen) sen poder acceder ao resto do colexio.
  • Recolleremos o material da mesa do nos@ fill@. Non podemos aproveitar ese tempo para facer titorías. Trátase de reducir ao máximo o tempo de contacto con outras persoas e de realizar a entrega de material coa maior celeridade posible.
  • As persoas que non poidan vir na hora sinalada e queiran que outro pai/nai da nosa clase leve o seu material ou cambiar de hora con alguén o xestionaredes entre vós. NON SE CAMBIARÁ NIN DARÁ OUTRA HORA.
  • Prégase máxima puntualidade, como vedes as visitas son cada 5 minutos.

Reunirémonos todos e todas xuntas en canto nos sexa posible para facer unha boa despedida.
Moitas grazas pola vosa colaboración

Juliana e Fátima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario